O director xeral da CRTVG volveu ao Parlamento para tratar de explicar o inexplicable.
Xoves, 27 de febreiro: o pleno do concello de Santiago impide, pola maioría absoluta do PP, a convocatoria dun pleno extraordinario para debater sobre a operación Pokemón, na que están implicados tres concelleiros do Partido Popular e un do Partido Socialista.
Xoves, 27 de febreiro: a conselleira de Sanidade tivo que pasar case unha hora pechada nun despacho do Hospital Público de Ferrol (CHUF).
Xoves 27 de febreiro. O Telexornal Serán informa que no pleno extraordinarino celebrado no concello do Carballiño, o alcalde, Argimiro Marnotes, do Partido Popular, acusa ao socialista Pachi Vázquez de recibir cartos da empresa Aquagest:
Na capital de Galicia non pasa nada. Esta é a conclusión á que chegaron os responsables dos informativos sobre o grande escándalo que hai montado a conta da Pokémon.
A obsesión dos telexornais da Televisión de Galicia co sumario da Pokemon ten un nome e dous apelidos: Francisco Fernández Liñares.
Venres 21 de febreiro. A concelleira do Partido Popular en Calasparra (Murcia), Davinia Saorín, que hai uns días cualificou de “terroristas” ás mulleres que abortan, dimite do seu cargo, xunto co voceiro municipal do PP e o responsable de comunicación.
O xoves 20 de febreiro, a deputada e secretaria xeral do PSOE de Ferrol, Beatriz Sestayo, comparece diante da prensa tras a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de desestimar a denuncia dun vixiante do Parlamento de Galicia por intento de atropelo.
Sestayo pedíulle aos que contribuíron a amplificar a “mentira” sobre o incidente que rectifiquen públicamente, aludindo directamente ao presidente da Xunta, ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e á voceira do grupo parlamentario popular, Paula Prado.
Apartada momentáneamente da primeira páxina da actualidade pola operación Patos, a Pokemon segue aparecendo nos telexornais desta semana pero, principlamente, relacionada coas novidades que se producen arredor do concello de Lugo.
Debe estar conectado para enviar un comentario.