Luns, 30 de decembro. A petroleira mexicana PEMEX apraza unha vez máis a adxudicación dos dous floteis que os asteleiros galegos agardan como unha transitoria táboa de salvación.
A noticia causa desazón, especialmente entre os traballadores dos asteleiros da ría de Ferrol, que están parados desde principios de mes. O novo retraso aumenta a frustración do naval ferrolán. Así o recollen os medios galegos.
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1559503
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/30/galicia/1388437509_741757.html
A Televisión de Galicia, en cambio, prefire contar que os traballadores “lle quitan importancia a este atraso”, nunha nova na que só inclúen declaracións da patronal.
O martes, 31 de decembro, o comité de empresa de Navantia volve manifestar a súa preocupación e mesmo di que detrás do retraso hai algo máis que cuestións técnicas.
http://www.farodevigo.es/economia/2013/12/31/comite-navantia-sostiene-detras-retraso/940712.html
En cambio, o Telexornal Mediodía da TVG prefire dicir que o aprazamento os deixou “fríos”. De novo, volve aparecer unha declaración da patronal. Ningunha dos representantes dos traballadores.
http://www.crtvg.es/informativos/pemex-fixa-para-o-28-de-xaneiro-a-adxudicacion-dos-floteis-725063