Reporteiros gaña fóra o que a dirección de informativos lle nega dentro

A redacción de informativos da Televisión de Galicia recibiu con alegría a nova de que dúas das nosas, as xornalistas Encina Ramos e Carme Santos, viran recoñecidos os seus traballos pola Fundación Profesor Novoa Santos. As reportaxes premiadas emitíronse no programa Reporteiros, desaparecido da programación da TVG por decisión da dirección de informativos.

As críticas ao alcalde da Coruña polas imputación​s non existen

O xoves 16 de xaneiro, o voceiro do BNG, Xavier Vence, solicita que o alcalde da Coruña, Carlos Negreira (PP), dea una explicación “detallada, extensa e clarificadora” sobre as imputacións de persoas relacionadas co concello, na Operación Pokemon.
Vence mostrouse moi crítico coas palabras do alcalde do Partido Popular, que minimizou o alcance da trama coruñesa da Pokemon, denominada “Pikachu”, porque – segundo Negreira – “afecta unha pequena parte da administración local”.
 Para o BNG, “todo o que sexa sombra de corrupción debe ser inmediatamente depurada e clarexada de forma pública. A cidadanía ten dereito a saber”.