A voceira do PP en Sanxenxo e a época de Franco

                   No pleno extraordinario desenvolvido no concello de Sanxenxo o martes 14 para que a alcaldesa Catalina González (PP) dese explicacións pola súa imputación por supostos delitos de corrupción, prodúcese un feito rechamante e insólito.

Nada do exalcalde de Burela do PP e a trama de fraude fiscal

                    O martes 14 de xaneiro reanudáronse nos xulgados de Vigo as vistas orais pola considerada xa como maior trama de fraude fiscal destapada en Galicia, coñecida como “las 5 Jotas”, na que supostamente está implicado o exalcalde de Burela polo PP, Manuel Mon.

                    Mon deberá declarar pola posible implicación da súa empresa “construcións Mon”, na rede que se adicaba a emitir facturas falsas para branquear diñeiro negro.

Seguir lendo

A “desaparic​ión” da noticia da exalcaldes​a de Betanzos

O martes 14 de xaneiro, a exalcaldesa de Betanzos e actualmente deputada do PP no Parlamento de Galicia, María Dolores Faraldo, pon o seu cargo a disposición do partido logo de coñecerse o día anterior que será xulgada por dous posibles delitos: prevaricación e falsidade documental durante a súa etapa no concello betanceiro.

A TVG relega ao informativo local a información sobre a Pikachu

 

 

A querencia dos responsables dos servizos informativos pola información municipal parece diluirse cando se trata de informar de asuntos incómodos para o Partido Popular.