Silenciand​o a demanda do BNG contra o Conselleir​o de educación

Ana Pontón (derecha) y Bieito Lobeira antes del acto conciliación juzgados

            Xoves 16 de xaneiro. O acto de conciliación entre o BNG e o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, rematou sen avinza nos xulgados de Santiago.
             Dese xeito, o BNG seguirá adiante na súa denuncia contra o Conselleiro, por considerar que fixo unas declaración “inxuriosas” contra eles.

Nin a inhabilita​ción do alcalde de Crecente nin o xuizo á edil de Nigrán

               O xoves 16 de xaneiro, o concello de Crecente celebra un pleno extraordinario no que se da conta da sentenza penal ao xa ex-alcalde do PP, Julio César García-Luengo Pérez, que foi condenado a un ano de inhabilitación por desobediencia.

As denuncias sindicais contra a Consellerí​a de Sanidade, en versión “light”

O martes 15 de xaneiro, os sindicatos que convocaron a folga xeral na sanidade pública galega o pasado mes de decembro denuncian, en rolda de prensa conxunta, as “privatizacións”, a implantación dos novos “copagamentos” e a redución de persoal, que cifran nuns 1.500 profesionais.
Os representantes dos traballadores destacaron “a baixada da calidade da sanidade, o aumento das listaxes de espera pola diminución do persoal, e a derivación dos pacientes á privada coa fin de vender a sanidade pública”.

Europa cuestiona a imparcialidade da Fiscalía Xeral do Estado

 

Mércores 15 de xaneiro. Un informe difundido polo grupo anticorrupción do Consello de Europa alerta sobre os casos de corrupción en España e o risco de manipulación da xustiza.
Pero destaca especialmente o referido á figura do fiscal xeral do Estado. O informe solicita revisar o método de selección, xa que a “percepción da independencia do fiscal xeral do Estado é preocupante”