20 de xaneiro. O plan urbanístico de Cabana inclúe a mina en Corcoesto malia a súa anulación. Así o denuncia a plataforma cidadá Salvemos Cabana. Asegura que malia a pretendida “cancelación” do proxecto o pasado 15 de outubro, ata agora non se fixo pública por escrito.
Arquivo por días: Xaneiro 21, 2014
Sen voz as críticas contra Fomento das vítimas de Angrois
20 de xaneiro. A Asociación Plataforma Vítimas Alvia 04155 reclamou que se cre unha Comisión de Investigación no Parlamento para que se “depuren todas as responsabilidades políticas” relacionadas co sinistro. Nun comunicado, a asociación acusou a Renfe e Adif de “mentir” e de “ocultar información” á xustiza, ao tempo que consideraron que, a raíz do informe sobre seguridade incorporado á causa, “o accidente podería terse evitado”.
A fiscalía do Estado bloquea as reclamacións das vítimas do franquismo
20 de xaneiro. Os fiscais do Tribunal Constitucional rexeitan as normas que o fiscal xeral do estado, Eduardo Torres-Dulce, quería impoñer sobre todolos casos de memoria histórica e o franquismo.
A reclamación de Alimentos Lácteos leva a dous concelleiros do PP ao xulgado
20 de xaneiro. Celébrase unha vista no xulgado do Mercantil de Lugo despois dunha demanda interposta polo administrador concursal de Alimentos Lácteos, que pide que presidente e secretario devolvan 236.000 euros porque entende que o percibiron como administradores malia que a empresa xerou eses anos perdas e non podían cobrar.
Debe estar conectado para enviar un comentario.