Acoso e derrubamen​to aos socialista​s

             O venres 17 de xaneiro, aos poucos minutos de iniciado o Telexornal mediodía, emítese un bloque de noticias críticas e negativas para o PSOE, UXT e a Deputación de Lugo, que está presidida polo socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro.
             Son varias informacións na fase do Telexornal que soe ter maior audiencia, case nada máis comezar. Algunha información está claramente manipulada, dun xeito burdo e/ou malintencionado.

Ignorando a petición de AGE e BNG para crear unha comisión polo accidente do tren

      

               Logo de coñecerse un documento de hai ano e medio do xefe de maquinistas de Ourense que advertía das deficiencias de seguridade na curva de Angrois, os Telexornais da TVG informan da decisión xudicial de darlle a Renfe tres días para que clarexe as medidas adoptadas tras aquel informe.

E o peche da clínica do voceiro do PP en Narón tras 15 anos sen licencia ??

                Venres 17 de xaneiro. O concello de Narón notifica o peche da clínica privada de Miguel de Santiago Boullón, médico do Sergas, ademáis de concelleiro e voceiro do PP e deputado provincial.