Primeiro foi o eurodeputado Alejo Vidal Quadras o que anunciou que abandonaba o PP para incorporarse a VOX, un novo proxecto político creado por outros militantes disidentes do Partido Popular. Foi o luns 27 de xaneiro.
Primeiro foi o eurodeputado Alejo Vidal Quadras o que anunciou que abandonaba o PP para incorporarse a VOX, un novo proxecto político creado por outros militantes disidentes do Partido Popular. Foi o luns 27 de xaneiro.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a praza de Xefe de Cirurxía do Complexo Hospitalario de Santiago. A nova non tería maior relevancia, de non ser porque quen ocupa isa praza é o home da actual conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera.
Martes, 28 de xaneiro. A deputada do PSdeG-PSOE, Beatriz Sestayo, nega en rolda de prensa calquera tipo de incidente cun vixiante de seguridade do Parlamento de Galicia que a denunciou por intento de atropelo.
Luns, 27 de xaneiro. Dous concelleiros de Vilagarcía de Arousa inician un encerro de 24 horas para protestar contra a decisión do alcalde de excluir dos plenos as moción tipo da oposición.
Seguindo coa publicación dos artigos especiais polas 100.000 visitas ao noso blog, continuamos hoxe cos textos enviados polas distintas seccións sindicais que forman parte dos comités de empresa da TVG e da Radio Galega. Hoxe corréspondelle a quenda ao Sindicato de Xornalistas de Galicia. A orde de publicación, de maior a menor representatividade, é CUT (publicado o venres, 24), CIG (publicado o sábado), UXT (domingo), USO (seguimos á espera para poder publicalo esta semana), CC.OO. (martes), Sindicato de Xornalistas (hoxe) e Alternativa Radio Galega (xoves, 30).
Debe estar conectado para enviar un comentario.