
Os vínculos do PPdeG cos casos Bárcenas e Gürtel non existen na TVG

Martes 15 de outubro. O xornal “el pais” publica que a campaña do PP de Valencia nas eleccións autonómicas e municipais de 2007, gañadas no primeiro caso por Francisco Camps, estivo chea de irregularidades.
O domingo 21 de xullo, a repercusión mediática das declaracións e testemuñas xudiciais de Luis Bárcenas segue acaparando a atención en prensa, radio e televisión, con entrevistas e detalles clarexadores das numerosas “presuntas” irregularidades financeiras e de funcionamento dentro do PP. Seguir lendo
O venres 19 de xullo os partidos da oposición no Parlamento de Galicia AGE e BNG solicitan con firmeza as demisións de Rajoy e de Feijóo polas supostas corruptelas e irregularidades económicas cometidas dentro do PP de Galicia durante moitos anos, e piden a convocatoria de novas eleccións.
AGE mesmo reúne á prensa no Gaiás (como símbolo de despilfarro e pésima xestión), pero a TVG apenas lle adica uns segundos no Telexornal serán:
http://www.crtvg.es/informativos/age-pide-a-feijoo-que-convoque-eleccions-629511
Eso si, despois dáselle tempo suficiente ó vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, para que critique a iniciativa de AGE:
Tamén o BNG reclama que demitan Feijóo e Rajoy e solicita eleccións anticipadas, pero para máis vergoña, neste caso a TVG NON OFRECE NINGUNHA INFORMACIÓN SOBRE O ASUNTO.
Contrasta coa importancia que lle dan á noticia outros medios informativos:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/19/galicia/1374244276_996491.html
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2013/07/19/bng-exige-dimision-rajoy-feijoo/744084.html
Cúmprese unha vez máis a estratexia dos responsables de informativos da TVG: o ninguneo e marxinación sistemáticos das iniciativas da oposición que conleven críticas ao PP.
Venres, 19 de xullo: O ex-xuíz da Audiencia Nacional, Baltasar Garzón, pide a nulidade da decisión do Tribunal Constitucional sobre o seu amparo polo caso Gürtel. Seguir lendo
Debe estar conectado para enviar un comentario.