Xoves, 2 de xaneiro: Novas Xeracións desautoriza ao seu número dous, o deputado no Parlamento de Galicia Javier Dorado, por cuestionar o anteproxecto de reforma do aborto do Goberno de Rajoy.
Dorado, que preside a organización xuvenil en Galicia e ocupa a secretaría xeral de NN. GG., sinalara en twitter que “o Estado non debe complicar máis as cousas” en relación á protección dos embarazos cando existe malformación do feto.
A noticia contárona todos os medios de comunicación.
http://www.elmundo.es/espana/2014/01/02/52c553e5ca47417b5f8b456a.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/01/02/galicia/1388665259_369084.html
A Televisión de Galicia non recolleu nin os comentarios de Dorado, nin a desautorización do PP.