O director xeral da CRTVG, máis preocupado pola denuncia que pola práctica da manipulación en TVG

índice

O director xeral da Compañía de Radio Television de Galicia,  Alfonso Sanchez Izquierdo, considera que hai que preocuparse máis polas boas prácticas profesionais nos medios de comunicación públicos que  “perder o tempo”  debatendo se TVG  manipula ou non  a información que emite.  Foi o que dixo esta mañá,  30 de maio,  na comisión parlamentaria que controla o ente.

A “Eu non manipulo” tamén lle preocupan moito as boas prácticas profesionais.  De feito,  é evidente que se todos,  especialmente  xefes e responsables dos programas informativos,  traballaran con criterios profesionais  non habería lugar á manipulación, e polo tanto desaparecería ese debate.

Sánchez Izquierdo confesou que lle preocupa “motísimo” evitar “conflitos de intereses de xornalistas no ámbito laboral e privado, non só en actividades lucrativas fora do traballo,  senón na relación privada coas redes sociais”.  “Preocúpame máis e me parece máis importante que se reducir ou non a manipulación na TVG”  admitiu, e lamentou o que él considera “dano reputacional á TVG con esa liña de crítica” .

Ou sexa,  que Sánchez Izquierdo veu a recoñecer que lle preocupa máis que se denuncie e se difunda a existencia da maniplulación que a súa propia práctica nos medios de comunicación dos que é responsable, os medios públicos galegos.

Admitiu que o problema da manipulación é  “unha constante desde hai 30 anos”,  pero  Sanchez Izquierdo considera,  ou polo menos iso dixo no Parlamento,  que antes de afondar e resolver ese problema  é mais importante que os profesionais da CRTVG se formen en idiomas, no manexo de novos aparellos e novos soportes, e que teñan capacidade analítica dos feitos.   A modo de lamento,  dixo que él mesmo constatou “déficit susceptible de mellora no coñecemento de fontes”.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s