A estratexia do tí máis

El-PP-ve-peligrar-su-mayoria-absoluta-en-Madrid--su-principal-feudo-electoral

O mércores 8 de maio, tódo-los grandes medios de comunicación españois destacan as “CORRUPTELAS DETECTADAS NA COMUNIDADE DE MADRID”, entre 2004 e 2008, estando gobernada polo PP e presidida por Esperanza Aguirre, por adxudicacións irregulares á trama Gürtel por importe de case seis millóns e medio de euros…

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/08/madrid/1368031913.html

http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/2189849/espana/madrid-fracciono-contratos-para-evitar-concurs

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/05/08/gran-mayoria-contratos-esperanza-aguirre-gurtel-fueron-irregulares/00031368034585864498705.htm

A TVG “despacha” a información con 20 segundos no Telexornal serán, referíndose só a Esperanza Aguirre e sen citar para nada as implicacións do PP coa trama Gürtel…

http://www.crtvg.es/informativos/un-informe-da-intervencion-xeral-recolle-supostos-pagos-fraccionados-de-madrid-a-empresas-da-guertel-582744

000000124437

A noticia emitíuse moi preto do final do Telexornal. SORPRENDE E CHOCA tan escaso seguimento aos casos de corrupción da comunidade madrileña (PP) coa Gürtel, cando a outra -a decisión xudicial de INVESTIGAR á muller do ex-Ministro Xosé Blanco no caso Campeón- se lle da moita maior cobertura: un video de 1 minuto…

http://www.crtvg.es/informativos/o-xuiz-do-caso-campeon-xustifica-investigar-as-contas-da-muller-de-blanco-582742

Dous casos moi semellantes e que deberían ter un tratamento semellante. Pero a importancia que se lle outorga muda, unha rutina que fai que se dé máis información sobre casos de corrupción duns partidos que doutros, seguindo a estratexia; coruptos si pero tí máis, o que evidencia un uso partidista dun medio público.

O Papa pídelles as monxas que sexan “nais”

Papa_Francisco

 

Por se aínda non a viron nin escoitaron… NON A PERDAN !!!.

O Telexornal serán do 8 de maio emite unha noticia sobre o Papa Francisco, que se reuníu no Vaticano con 800 monxas…

O texto literal da presentación da nova no plató é o seguinte: “O PAPA PÍDELLES ÁS MONXAS QUE SEXAN NAIS E NON SOLTEIRONAS” (sic)…

De seguido, engádese que “FRANCISCO DEFENDEU A CASTIDADE DAS RELIXIOSAS, PERO SEMPRE QUE XERE FILLOS ESPIRITUAIS DA IGREXA” (SIC)…

http://www.crtvg.es/informativos/o-papa-pidelles-as-monxas-que-sexan-nais-de-fillos-espirituais-582729

Unha nova relixiosa “delirante”, tratada dun xeito igualmente “delirante”, e confuso (tanto no texto lido coma no texto que aparece nos rótulos sobreimpresionados) nun servizo público como a TVG.

Silenciada a sanción do PP a Celia Villalobos

 

2013_5_8_Ty23Mzhtut515skqn45Ab1

 

Mércores 8 de maio. Prodúcese un FEITO INSÓLITO, froito de algo tamén insólito ocorrido o día anterior no Congreso dos deputados en Madrid.

O PP DECIDE SANCIONAR Á VICEPRESIDENTA 1ª CELIA VILLALOBOS por ausentarse o martes da Cámara e non votar contra unha proposta presentada polo PSOE sobre o aborto.

Villalobos abandonou o escano claramente disconforme coa súa compañeira do PP, Beatriz Escudero, que interviña nese momento dicindo cousas como que “as mulleres que abortan en España, son as que teñen menos formación”.

http://www.abc.es/sociedad/20130508/abci-sanciona-villalobos-aborto-201305081914.html

http://www.farodevigo.es/espana/2013/05/08/sancion-villalobos-votar-mocion-aborto/806555.html

http://www.lavanguardia.com/politica/20130508/54373921919/pp-sanciona-villalobos-aborto.html

Non é a primeira vez que Celia Villalobos rompe a disciplina de voto do PP, precisamente en cuestións coma o aborto ou a lei que aprobou os matrimonios homosexuais.

NINGÚN INFORMATIVO DA TVG OFRECEU NADA SOBRE ESTA NOTICIA AMPLAMENTE DESTACADA EN CASE TÓDO-LOS MEDIOS…