Sen seguemento do Caso Gürtel

 

images

O instrutor do «caso Gürtel», o xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz, someteu o 13 de maio a unha proba caligráfica ao imputado Eduardo Eraso Campuzano, considerado o principal branqueador dos fondos da trama de corrupción dirixida polo empresario Francisco Correa.

http://www.abc.es/espana/20130513/abci-caligrafica-gurtel-201305131341.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/05/13/juez-ruz-cita-blanqueador-gurtel-prueba-caligrafica/00031368422338481266963.htm

Na Galega non se fixo referencia a esta nova.

O patrimonio de Louzán

 

 

images

Con atraso sobre as outras tres Deputacións galegas, a de Pontevedra seguiu o mandato de transparencia imposto dende Santiago. O 13 de maio publicou o patrimonio dos políticos que se sentan na corporación. Rafael Louzán (PP), o presidente da institución, declara un patrimonio total de 355.948 euros.

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/05/14/louzan-declara-bienes-355948-euros-viviendas-vinedos/809786.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/14/louzan-declara-355000-euros-incluyen-dos-casas-dos-coches/0003_201305G14P12991.htm

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2013/05/14/rafael-louzan-declara-viviendas-locales-comerciales-vinedos/721799.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/13/galicia/1368448819_614405.html

Na TVG non se fixo referencia a esta nova.

O Observatorio pantasma para a liberdade relixiosa

poster_627979_0x0_izda

 

No mesmo Telexornal serán do luns 13 de maio, emítese unha noticia segundo a que o chamado “OBSERVATORIO PARA A LIBERDADE RELIXIOSA” pide a retirada dun cartel utilizado polas Xuventudes socialistas de Galicia contra a reforma da lei do aborto promovida polo goberno central do PP.

http://www.crtvg.es/informativos/o-observatorio-de-liberdade-relixiosa-pide-a-retirada-da-campana-de-xxss-contra-a-reforma-da-lei-do-aborto-585628

Na lectura da nova, a presentadora destaca que -entre outras- para o “Observatorio”, a campaña dos socialistas “É UNHA FALTA DE RESPETO ÁS VÍCTIMAS DO ABORTO…”.

Ademáis da TVG, só se fan eco da información varios medios de comunicación de escasa relevancia e difusión, algúns tan “imparciais” coma estes:

http://www.dignidaddigital.com/?p=verNoticia&idNoticia=27785

http://www.intereconomia.com/noticias-gaceta/sociedad/exigen-retirada-irreverente-cartel-juventudes-socialistas-gallegas-20130513

E… que é o Observatorio para a liberdade relixiosa e de conciencia” ??. Un “ente” abstracto, que mesmo NA PÁXINA WEB NON FACILITA NINGÚN TIPO DE IDENTIFICACIÓN, DOMICILIO, TELÉFONO… nada de nada.

http://libertadreligiosa.es/

Unha fonte fiable e seria, que se di no argot xornalístico.

Destacando un recurso A PROL da segregación de sexos

1232060403_850215_0000000000_sumario_normal

No Telexornal serán do luns 13 de maio, DESTÁCASE unha información sobre a admisión a trámite por parte do Tribunal constitucional, dun recurso CONTRA A SENTENZA QUE ANULABA OS CONCERTOS CON COLEXIOS QUE SEGREGAN AOS ALUMNOS POR SEXO…

http://www.crtvg.es/informativos/admiten-a-tramite-un-recurso-contra-a-sentenza-que-anula-os-concertos-cos-colexios-que-segregan-por-sexo-585629

A nova ilústrase con imaxes de clases e/ou actividades SÓ DE NENOS, e polas apariencias, de Colexios de elite… na última imaxe mesmo aparece un neno con “PAJARITA”…

Rebaixa da fianza no caso Campeón

índice

Luns 13 de maio. O maxistrado do Tribunal Supremo José Ramón Soriano, que instrúe a presunta implicación do exministro socialista José Blanco na trama de concesión fraudulenta de axudas públicas desarticulada na “Operación Campión”, aceptou reducir en 2.000 euros -ata un total de 4.000 – a fianza inicialmente imposta á Asociación Transparencia e Xustiza para ser parte acusadora neste procedemento. Despois do amplo seguemento que se fixo do caso a Galega non ten en conta esta nova.

http://www.europapress.es/nacional/noticia-rebajan-fianza-impuesta-asociacion-transparencia-justicia-ser-parte-contra-blanco-ts-20130513122640.html

http://www.abc.es/espana/20130513/abci-fianza-campeon-201305131234.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/14/rebajada-fianza-acusacion-particular-contra-blanco-tras-pedir-igual-trato-urdangarin/0003_201305G14P9993.htm

 

http://www.laregion.es/noticia/253876/supremo/reduce/fianza/acusacion/contra/blanco/

 

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2013/05/14/supremo-baja-fianza-personarse-caso-campeon-2000-euros/721801.html

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/03/15/espana/1363349102.html

Publicidade enmascarada

 

 

15791O luns 13 de maio, no Telexornal serán, ofrécese unha “nova”  sobre os 10 ANOS DA ADEGA “CREGO E MONAGUILLO” de Monterrei (Ourense).

Unha PUBLICIDADE DESCARADA de case un minuto no informativo para a mencionada adega…

http://www.crtvg.es/informativos/dez-anos-da-adega-crego-e-monaguillo-585633

Non poñemos ningún enlace de como trataron o asunto outros medios porque, simplemente… NINGUÉN DEU NADA SOBRE ÉL, NIN SEQUERA O XORNAL “LA REGION” DE OURENSE.

Ademáis a presentadora fala dunha festa con 2.000 invitados (presten atención ás imaxes porque aínda faltan por chegar uns 1.950 aproximadamente).

Noutros programas da TVG, estanlles insistindo aos seus responsables que se evite a publicidade nas informacións e reportaxes. Unha práctica que vai contra o principios do xornalismo e do funcionamento dunha canle pública como é a Galega.