Martes 14 de maio. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu que o seu Goberno está a actuar con “toda a transparencia” no que respecta á relación da Administración galega con empresas vinculadas co narcotraficante Marcial Dourado e reafirmouse en que se facilitarán todos os datos que se demanden ao respecto, tras a publicación dunhas fotos súas co contrabandista realizadas nos 90.
http://www.eldiario.es/politica/Feijoo-ocultar-contratos-empresas-Dorado_0_132287279.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/13/galicia/1368472667_867704.html
Feijóo fixo estas declaracións aos xornalistas despois de que a Xunta rexistrase no Parlamento de Galicia unha solicitude para que un alto cargo de Sanidade compareza para explicar se a Consellería asinou contratos con empresas de Marcial Dourado entre os anos 1992 e 1998, etapa na que Feijóo era número dous deste departamento.
Na Galega non se informou destas declaracións. Para os xefes de redacción e os directores dos informativos as fotos de Dorado con Feijóo seguen ser noticia.
Debe estar conectado para enviar un comentario.