O primeiro artigo con máis de 1.000 visitas

 

Sin título-Color real-01

Eunonmanipulo creouse hai tres meses e desde esta fin de semana nos congratulamos de que un dos nosos artigos supere por vez primeira as 1.000 visitas. É este: Seguir lendo

O director xeral da CRTVG, máis preocupado pola denuncia que pola práctica da manipulación en TVG

índice

O director xeral da Compañía de Radio Television de Galicia,  Alfonso Sanchez Izquierdo, considera que hai que preocuparse máis polas boas prácticas profesionais nos medios de comunicación públicos que  “perder o tempo”  debatendo se TVG  manipula ou non  a información que emite.  Foi o que dixo esta mañá,  30 de maio,  na comisión parlamentaria que controla o ente.

A “Eu non manipulo” tamén lle preocupan moito as boas prácticas profesionais.  De feito,  é evidente que se todos,  especialmente  xefes e responsables dos programas informativos,  traballaran con criterios profesionais  non habería lugar á manipulación, e polo tanto desaparecería ese debate. Seguir lendo