16 de maio. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anuncia que está a pensar denunciar nos tribunais os que dentro ou fóra do Parlamento lle están “a imputar delitos”.
Preguntado polos delitos concretos que lle imputaron, sinalou que é “incompatible ser presidente dun goberno e narcotraficante”.
Esta información está recollida no informativo de mediodía da Galega, como en outros medios debido ao seu alcance.
O que non se recolle no mesmo informativo é que vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, criticou a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para explicar a súa relación con Marcial Dourado e as contratos que as súas empresas asinaron coa Xunta, e pediu que poña o seu cargo a disposición do Parlamento por “mentir” ao non ensinar contratos anteriores a 2003.
Unha información da Axencia EFE.
Debe estar conectado para enviar un comentario.