A mala intención coa moción de censura no Valadouro

O venres 24 de maio, só un día despois de que os partidos da oposición no concello lugués de Valadouro presentasen unha moción de censura contra o alcalde do PP, José Manuel Lamela (NOTICIA QUE NON OFRECEU A TVG), os Telexornais mediodía e serán SI DESTACAN QUE O PACTO entre o PSOE e os independentes de Udival contempla que se algún deles o racha, terá que pagar 100.000 euros.

      As informacións SÓ SE CENTRAN NESE ASPECTO DA MOCIÓN DE CENSURA, buscando dun xeito descarado que a xente interprete a moción de censura unicamente como de comenencia económica:
     Non se alude – por exemplo – a que o próximo alcalde, o socialista Edmundo Maseda, cobrará 15.000 euros ao ano (bastante menos que os 35.000 que cobra o actual do PP), e que a oposición (tamén está o BNG aínda que non entrará no goberno municipal) pretende cambia-lo estilo de goberno do PP, que seica ten o concello nunha situación de abandono e ingobernabilidade:
      Resumo: cando se presenta a moción de censura, NON SE DA NA TVG… E DESPOIS INFÓRMASE (con moita amplitude nos TX) “INSINUANDO” QUE O PACTO PARA BOTAR AO PP DA ALCALDÍA É SÓ ECONÓMICO…

Non se menciona “Partido popular” nin “PP”

Xa se ten comentado neste blog, que ás veces a manipulación por parte dos responsables de informativos dase nos “pequenos detalles”… que moitas veces pasan desapercibidos.

            Un deses detalles é que, cando NALGUNHA NOVA NEGATIVA hai que referirse a membros ou responsables do PP, ou non se di o partido ao que pertenzen, ou dise “o concelleiro popular”, “o alcalde popular”… e similares, co que xogan claramente coa ambiguidade, e o concepto “popular” distorsiona.
            Por suposto, cando os/as implicados/as son doutros partidos, DESTÁCASE A SÚA PERTENZA A ELES COMO PARTE IMPORTANTE DA NOTICIA.
           Ahí teñen exemplos destes mesmos días. O primeiro é o relativo á IMPUTACIÓN DE JUAN DE LA FUENTE, CONCELLEIRO DO PP EN SANTIAGO, POR FALSIDADE DOCUMENTAL, dentro da chamada operación Pokémon, o xoves 23 de maio:
          No mesmo informativo (Telexornal mediodía do 23 de maio), VEXAN E ESCOITEN COMO SE RESALTA (XA NA PRESENTACIÓN) que a ex-alcaldesa de Xerez (por certo, menuda noticia para dar na TVG !!!…) imputada por un suposto desvío de fondos… É DO PARTIDO SOCIALISTA.
          Ao día seguinte (venres 24 de maio), cando imputan a un novo concelleiro do PP en Santiago dentro da Pokémon (Adrián Varela, responsable da área de deportes), VÓLVESE OCULTAR QUE É DO PP, usándose soamente o xa comentado de “popular”:
          E unha proba máis, neste caso da ocultación total; o Telexornal mediodía fala de que se aceleran os trámites para a posible imputación de FRANCISCO CAMPS E RITA BARBERÁ dentro do caso “Noos”… E NIN SE COMENTA QUE ÁMBOLOS PERTENCEN E TIVERON OU TEÑEN GRANDES RESPONSABILIDADES E CARGOS NO PP:
          O dito: REACIOS A NOMEAR O PP EN ASUNTOS CON REPERCUSIÓN NEGATIVA.