Respostas ás acusacións antes de informar delas

 

papeles barcenas

 

Sobre as seis e media da tarde, do 7 de maio, a axencia Europa Press daba a coñecer un informe da UDEF (Unidade de Delitos Económicos e Fiscais) segundo o cal os donantes que aparecen nos chamados papeis de Bárcenas recibiron 12 mil millóns de euros en contratos dos distintos gobernos do Partido Popular, entre os anos 2001 e 2012.

Axiña a información apareceu nos medios:

http://www.lavanguardia.com/politica/20130507/54373885775/presuntos-donantes-pp-habrian-recibido-12-000-millones-adjudicaciones.html

http://www.cadenaser.com/espana/articulo/informe-policial-relaciona-donaciones-contratos-pp/csrcsrpor/20130507csrcsrnac_27/Tes

http://politica.elpais.com/politica/2013/05/07/actualidad/1367946677_704079.html

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/07/espana/1367948620.html

http://www.elperiodico.com/es/noticias/politica/policia-confirma-financiacion-ilegal-del-2384541

http://www.farodevigo.es/espana/2013/05/08/doce-mil-millones-gobiernos-populares/806024.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/05/08/policia-ve-financiacion-ilegal-pp/0003_201305G8P20991.htm

Na Televisión de Galicia a información non foi en portada e apareceu no minuto 22 do Telexornal Serán, pero co desmentido do Goberno, malia que o informativo da tarde comezou con outra nova relacionada cos escándalos financeiros en España, en concreto o caso Noos, xa que Audiencia de Palma suspendeu a imputación da Infanta Cristina polas sua presunta implicación na malversación e fraude de capitais.

Esta foi a información que se deu na Galega.

“O goberno acaba de negar que a policía nacional redactara un informe no que se vinculan as doacións ó PP por parte de empresarios á adxudicación de contratos prás súas empresas.

Desmente así unha información que publicaron esta tarde varios medios, e que apuntaban a que os doadores que aparecen na suposta contabilidade B do Partido Popular, atribuída ao seu ex tesoureiro Luís Bárcenas, recibiron máis de 12 mil millóns de euros entre 2001 e 2012, en contratos adxudicados por administracións públicas gobernadas polo PP.”

http://www.crtvg.es/informativos/interior-di-que-non-lle-consta-a-existencia-do-informe-da-udef-no-que-se-vinculan-doacions-o-pp-con-contratos-empresariais-581634

Deste xeito presentouse primeiro a resposta do Goberno a unha nova antes de que se dera a propia información, antes de coñecer os datos.

 

Sen enfrontamento entre Montoro e Esperanza Aguirre

scale

No comité executivo do PP celebrado o luns en Madrid, producíuse unha acendida discusión entre o Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, e a presidenta do PP de Madrid, Esperanza Aguirre, pola suba de impostos e a xestión dos servizos públicos.

Así o recoñece o martes 7 de maio a propia Aguirre nunha entrevista na cadea COPE, na que acusa duramente a Montoro porque seica “LLE GUSTA SUBI-LOS IMPOSTOS”…

Os grandes medios de comunicación (mesmo os pro-PP) destacan amplamente a nova:

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/07/espana/1367923217.html

http://www.expansion.com/2013/05/07/economia/1367936774.html

http://www.abc.es/economia/20130507/abci-aguirre-montoro-impuestos-201305071003.html

… E tamén TVE !!! ofrece información ao respecto:

http://www.rtve.es/noticias/20130507/aguirre-dice-montoro-gusta-subir-impuestos-contrario-ella-rajoy/657640.shtml

O Telexornal mediodía da TVG non da absolutamente nada…

“O aborto ten algo que ver coa ETA, pero non demasiado”

 

índie

O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, pediulle a un xornalista que lle preguntaba sobre o aborto en medio da súa comparecencia sobre ETA, que esperara ata o final, xa que os dous asuntos, dixo, “algo teñen que ver, pero non demasiado”.

Aquí o podedes escoitar:

http://www.rtve.es/noticias/20130507/fernandez-diaz-dice-aborto-eta-algo-tienen-ver-pero-demasiado/658001.shtml

A TVG non recolleu o desliz do ministro en ningún Telexornal.

Wert contra Wert

 

índice

 

Unha das anécdotas informativas do martes 7 de maio foi a participación de Juan Pablo Wert, irmán do ministro de Educación, nas protestas contra os recortes no ensimo promovidos desde o Goberno.

A imaxe, sen dúbida significativa, non se viu en ningún dos principais Telexornais.

Disensión no PP pola lei do aborto

índice

 

O voceiro adxunto do Grupo Popular no Congreso Rafael Hernando cuestionou a reforma da Lei do Aborto impulsada polo ministro de Xustiza, Alberto Rúiz-Gallardón. Nos Telexornais non se comentou nada. Si, en cambio, noutros medios.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/05/07/portavoz-pp-congreso-rechaza-reforma-aborto-gallardon/0003_201305G7P24992.htm

http://politica.elpais.com/politica/2013/05/06/actualidad/1367866667_964656.html