As mobilizacións pola sanidade pública importan moi pouco

1355771361_1

O domingo 19 de maio, desenvólvese en Madrid unha nova “marea branca” en defensa da sanidade pública, e contra a política privatizadora que está impoñendo nesa comunidade o PP.

Segundo os organizadores e participantes, É A MÁIS NUMEROSA DE TÓDA-LAS QUE SE LEVAN CELEBRADO ATA O DE AGORA, coa asistencia de milleiros de persoas. Os medios de comunicación españois danlle unha ampla cobertura á nova:

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/19/madrid/1368955116.html

http://www.abc.es/videos-sociedad/20130519/decima-marea-blanca-marcha-2394449976001.html

http://www.intereconomia.com/noticias-gaceta/sociedad/marea-blanca-vuelve-calle-para-rechazar-privatizacion-sanitaria-20130519

http://www.elcorreo.com/vizcaya/rc/20130519/sociedad/nueva-marea-blanca-201305191146.html

Para os responsables dos informativos na fin de semana da TVG, a noticia só merece uns segundos moi avanzados os Telexornais, tanto ao mediodía como no Serán:

http://www.crtvg.es/informativos/nova-marea-branca-en-madrid-en-contra-da-reforma-sanitaria-588933

http://www.crtvg.es/informativos/nova-marea-branca-en-madrid-en-contra-da-reforma-sanitaria-588997

En ámbolos casos, fálase da marea branca “CONTRA A REFORMA SANITARIA”, dun xeito ambigüo, e non “POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA” como é a reivindicación dos manifestantes.

Un franciscano galego no Vaticano… coma se fose Xefe de Estado

bertone-santiago--644x362

Desde o venres 17 de maio, os espazos informativos da TVG danlle unha ESPECIAL RELEVANCIA A UN FEITO RELIXIOSO: a consagración dun franciscano galego, Xosé Rodríguez Carballo, como Arzebispo de Belcastro (Italia), unha poboación ao sur de Italia duns 1.400 habitantes, e como “viceministro” no Vaticano.

Os actos desenvólvense na Catedral de Santiago, o sábado, e a TVG ofrece UNHA AMPLÍSIMA COBERTURA con reportaxes e entrevistas, xa desde o venres no Telexornal serán:

http://www.crtvg.es/informativos/o-secretario-de-estado-do-vaticano-viaxou-a-santiago-para-a-ordenacion-episcopal-de-frei-xose-rodriguez-carballo-588510

O Telexornal mediodía do sábado ofrece dous videos sobre o asunto (o segundo de máis de tres minutos… algo excepcional nos Informativos):

http://www.crtvg.es/informativos/asi-e-a-historia-de-rodriguez-carballo-588704

http://www.crtvg.es/informativos/rodriguez-carballo-confia-en-que-o-papa-francisco-vena-a-compostela-588703

E xa o Telexornal do sábado pola tarde, ademáis de abrir os titulares cos actos relixiosos, comenta con gran detalle e extensión a noticia:

http://www.crtvg.es/informativos/frei-rodriguez-carballo-novo-arcebispo-de-belcastro-588777

Pero por se fose pouco, o domingo 19, mesmo a Revista fin de semana (un espazo que a penas da novas de actualidade) da a noticia case ao principio do programa:

http://www.crtvg.es/informativos/o-cardeal-bertone-presidiu-a-ordenacion-de-xose-rodriguez-carballo-58890s:

Non queda ahí a cousa; o Telexornal mediodía do domingo 19 da outras dúas informacións: que oficiou a súa primeira Misa tras ser nomeado, e que os veciños de Sarreaus (Ourense) lle están preparando unha homenaxe:

http://www.crtvg.es/informativos/o-arcebispo-de-belcastro-oficia-a-sua-primeira-misa-en-santiago-588945

http://www.crtvg.es/informativos/familia-e-vecinos-do-arcebispo-de-belcastro-preparanlle-a-homenaxe-en-sarreaus-588944

Pensaban que xa rematou todo ??… Non. O Telexornal serán do mesmo domingo 19 volve dar un gran tratamento informativo, con dúas pezas consecutivas:

http://www.crtvg.es/informativos/rodriguez-carballo-confia-en-traelo-papa-a-galicia-589005

http://www.crtvg.es/informativos/homenaxe-ao-arcebispo-de-belcastro-na-sua-aldea-natal-de-sarreaus-589004

Un despregue de información DESPROPORCIONADA E TENDENCIOSA NO ÁMBITO RELIXIOSO, nunha canle pública que debería ser escrupulosa e equilibrada neste tipo de cuestións.

Só fala da reforma educativa… O Conselleiro de Educación

jvazquezcrucifixo

O sábado 18 de maio, os Telexornais da fin de semana seguen a falar da aprobación da reforma educativa do goberno (LOMCE), pero SEN SE DAR OPINIÓNS CRÍTICAS OU NEGATIVAS SOBRE ELA (que as hai, e moitas).

Iso si… OFRÉCESE SOAMENTE A OPINIÓN DO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN DA XUNTA, XESÚS VÁZQUEZ, por suposto valorando moi positivamente a citada reforma.

Tanto o Telexornal mediodía como o do serán repiten as mesmas declaracións QUE ELOXIAN A REFORMA EDUCATIVA DO GOBERNO CENTRAL DO PP;

http://www.crtvg.es/informativos/o-conselleiro-de-eduacion-valora-positivamente-a-nova-lei-588717

http://www.crtvg.es/informativos/o-conselleiro-de-eduacion-valora-positivamente-a-nova-lei-588771

A Reforma educativa… “en positivo”

soraya_wert_lomce

 

O venres 17 de maio, o Consello de Ministros aproba a reforma educativa (a LOMCE) que só apoia o PP, e que desatou enormes críticas en tódo-los ámbitos do ensino.

Os telexornais mediodía e serán da TVG dan ese día unha información TOTALMENTE SESGADA E PARTIDISTA sobre a mencionada lei, valorandoa en positivo e ofrecendo un panorama “espléndido” para o futuro da educación en España.

Mostra da “imparcialidade” son as declaracións que se ofrecen; 3 de membros do PP (a vicepresidenta do goberno Soraya Sáenz de Santamaría e o Ministro de Educación José Ignacio Wert, e da Stria. xeral do PP Mª Dolores de Cospedal) e só unha (13 segundos) da vicesecretaria xeral do PSOE Elena Valenciano.

http://www.crtvg.es/informativos/o-consello-de-ministros-aproba-a-reforma-educativa-588437

http://www.crtvg.es/informativos/o-consello-de-ministros-da-luz-verde-a-reforma-educativa-588530

Ademáis de que NON SE OFRECEN DECLARACIÓNS DE PAIS, PROFESORES, ALUMNOS, SINDICATOS DO ENSINO… tampouco se di nada de que a LOMCE RECORTA OS CARTOS DESTINADOS A BECAS, DIMINÚE O PROFESORADO, AUMENTA O Nº DE ALUMNOS POR CLASE, DALLE A RELIXIÓN UNHA RELEVANCIA DESPROPORCIONADA, PERMITE A SEGREGACIÓN POR SEXOS NOS COLEXIOS… etc…, etc…

Si se di que desaparece a “Educación para a cidadanía”, pero nada de que o Consello de Estado (Órgano consultivo do Goberno, que preside todo un símbolo do PP, XOSÉ MANUEL ROMAY BECCARÍA), pedíulle ao Goberno mantela.

Claro que sendo o Día das Letras galegas, disimúlase todo abrindo os Telexornais cunha ampla análise da vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.