O luns 20 de maio, o Telexornal serán fixo case ao remate do informativo un despregamento de exaltación e fervor relixioso.
Déronse dúas novas de xeito consecutivo: a primeira delas foi para salientar que A VIRXE DO ROCÍO XA ESTÁ DE VOLTA NA SÚA ERMIDA TRAS UNHA PROCESIÓN DE SETE HORAS E MEDIA.
É sabido que en Galicia, a procesión da virxe do Rocío (Huelva), desperta un enorme interese…
Como non chegou con falar da virxe do Rocío, de seguido ofrécese outra información sobre a romería da Franqueira, na Cañiza, que seica congregou a centos de fieis (as imaxes contradín claramente ese dato…).
Non perdan, sobre todo, o último que di a presentadora comentando as imaxes: “COMO MANDA A TRADICIÓN SAUDÁRONSE FACENDO POR PARELLAS O RITUAL DA XENUFLEXIÓN”
http://www.crtvg.es/informativos/centos-fieis-asisten-a-romeria-da-franqueira-589639
A Semana Santa xa pasou, pero polo que se ve case diariamente no Telexornal serán, parece ser que dura todo o ano.
Debe estar conectado para enviar un comentario.