O afundimento do Prestige e da credibilidade da TVG.

 prestige

Que a profesionalidade escasea entre os responsables dos informativos e algo doado de comprobar cun simple vistazo aos telexornais.

Probablemente un dos casos máis evidentes desta manifesta incompetencia sexa o do xuizo do Prestige. Pasada a euforia dos primeiros dias, a TVG esqueceuse “case” por completo de prestarlle a este asunto a mais mínima atención.

Decimos “case” porque non deixa de ser curioso que so se informe deste xuízo cando comparece nel alguén que apoie firmemente os argumentos do goberno.

Un exemplo ilustrativo:

No telexornal mediodia do día 29 de Maio emitiuse a nova da comparecencia dun ex capitán do Prestige quen asegurou que meses antes lle advertira a Apostolos Mangouras que tivese coidado que o barco podía rachar.

http://www.crtvg.es/informativos/un-ex-capitan-do-prestige-di-que-advertiu-a-mangouras-dos-perigos-do-buque-596126

Dase a casualidade que o día anterior, o 28 de Maio, o ex xefe de Gardacostas do Reino Unido, Jhon Astbury, cuestionara no xuízo a decisión de alonxar o barco e asegurou que habia polo menos 17 lugares na costa galega onde levar o Prestige.

Obviamente, nos telexornais silencio absoluto sobre estas declaracions que sí recolleron otros medios.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/29/perito-ingles-acusa-gobierno-reevaluar-decision-alejar-prestige/0003_201305G29P11992.htm

A ultima vez que a TVG se acordou do Prestige foi o pasado 25 de Abril, o día no que un dos maiores expertos en mareas negras, o frances Michel Girin, dixo que fora unha boa decisión alonxar o barco.

http://www.crtvg.es/informativos/o-ex-director-do-centro-de-investigacion-sobre-contaminacion-declarou-que-afastar-o-prestige-da-costa-foi-a-mellor-opcion-574167

Pero hai máis, desde que comezou o ano máis de vinte persoas que tiveron relación directa coa catástrofe declararon diante do tribunal e iso sen contar representantes de aseguradoras e colectivos afectados. A ningún deles se lles deu importancia ningunha.

Para buscar unha referencia nos telexornais habería que remontarse ao 17 de xaneiro, día no que compareceu o que era delegado do Goberno Arsenio Fernández de Mesa e o 22 de xaneiro, cando declarou Francisco Alvarez Cascos, ministro de Fomento.

Eses dous días o Prestige foi a nova máis destacada dos telexornais.

http://www.crtvg.es/informativos/o-ex-delegado-do-goberno-di-que-non-tina-capacidade-de-decision-na-xestion-da-catastrofe-511192

http://www.crtvg.es/informativos/o-ex-ministro-de-fomento-defendeu-a-decision-de-afastar-o-barco-da-costa-como-a-mais-correcta-514477

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s