Arquivo por días: Maio 17, 2013
Baltar desfaise de Freire Couto e a TVG mira para outro lado
Xoves, 16 de maio: dimite o presidente do INORDE, Jose Manuel Freire Couto, alcalde de Barbadás e deputado provincial de Ourense, un político rodeado da polémica: multa de Facenda por non pagar todo o IRPF que lle corespondía e presuntas relacións con construtores e políticos corruptos.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/16/galicia/1368722388_815786.html
Para a Televisión de Galicia non existíu a noticia.
Participa no noso blog: denuncia, suxire, critica
Queremos agradecervos o seguimento que lle estades facendo ó noso blog: 21.000 visitas en 45 días. Lembrámosvos que poñemos á vosa disposición un correo electrónico para calquera suxerencia, comentario, crítica ou eloxio que nos queirades achegar, e, por suposto, para denunciar, salvagardando o anonimato, a manipulación informativa que detectedes ou sufrades:
eunonmanipulo@gmail.com
O Morrazo, todos a unha, menos para TVG
Xoves, 16 de maio: Os cinco pobos da bisbarra pontevedresa do Morrazo, cos seus alcaldes á fronte, manifestáronse pola tarde en Cangas en apoio aos afectados polas preferentes, baixo o lema ‘O Morrazo esixe solucións’. Solicitaron que todos os prexudicados poidan recuperar “integramente” os seus aforros.
A Televisión de Galicia non informou da mobilización. Curiosamente, o primeiro informativo do día, o Bos Días, si anunciou a celebración da manifestación como previsión importante da xornada. Quen o entende?
As miserias de Carlos Luis Rodríguez (Foro aberto)
O programa “Foro aberto”, que presenta o nada sospeitoso Carlos Luis Rodríguez, comeza o mércores 15 de maio falando da sesión do Parlamento de Galicia celebrada ese mesmo día.
Tra-lo saúdo inicial, o presentador di textualmente: “NORMALIDADE entre comiñas (fai o xesto a cámara) no Parlamento galego: Beiras volve insultar ao presidente da Xunta” (minuto 00’17”).
No minuto 1’36”, Carlos Luis Rodríguez volve sobre o asunto dicindo: “como sempre, Beiras tivo un papel protagonista porque co micrófono pechado acusou ao presidente de ser un chulo de barra americana”… pero o que entra a continuación, É UN VIDEO DO ENFRONTAMENTO VERBAL ENTRE YOLANDA DÍAZ E FEIJOO sobre as facturas e contratos da Xunta coas empresas do narcotraficante Marcial Dorado.
Pero o máis grave ocorre no MINUTO 6’04” de programa. Falando con Carlos Aymerich sobre o caso de Beiras, CARLOS LUIS RODRÍGUEZ DI QUE… “SE CADRA TEN UN COÑECEMENTO CABAL DESE TIPO DE LOCAIS” (cita textual)… unha alusión inaxeitada, miserable e totalmente fora de lugar nun espazo informativo público da Televisión de Galicia.
Silenciando as mobilizacións do sector naval en Ferrol
Xoves 16 de maio. Máis de 2.000 traballadores de Navantia e de empresas auxiliares do sector naval de Ferrol percorren as rúas da cidade en protesta pola ausencia de carga de traballo.
Os participantes concentráronse diante da sede local do PP. Acusan a este Partido de enganar á cidadanía desde o goberno central, desde a Xunta e desde o propio concello de Ferrol, as tres institucións en mans do PP.
Diante do local dos conservadores, queimaron dous monicreques que representaban ao Presidente da Xunta e ao Alcalde de Ferrol.
http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/52617
http://www.20minutos.es/noticia/1816244/0/
OS ESPAZOS INFORMATIVOS DA TVG NON DERON ABSOLUTAMENTE NADA SOBRE O ASUNTO.