Así se deu na TVG a información sobre as listas de espera nos hospitais públicos de Galicia o 29 de abril:
Non se menciona que son case 38.000 os galegos que agardan operarse e, aínda que se dan os datos por prioridades, non se especifica que no último ano medraron todos eles (moi graves (de 16 a 19 días de espera), graves (de 63 a 68) e menos graves). A media de espera pasou de 64 a 69 días (sen contar POVISA, de 82 a 83 co centro vigués). Tampouco se menciona.
A axencia Europa Press informaba, as 14:12, antes do comezo do informativo de que ” a espera media para operarse aumenta 5 días en os hospitais do Sergas no primeiro trimestre fronte a 2012″, uns datos que tampouco se incluiron na información da Galega, nin na edición da tarde.
Ó día seguinte a mesma conselleira explicaba os datos, recoñecendo e xustificando os incrementos nos períodos de espera. Na TVG tampouco se recolleu esta información.
Mesmo “indicou que o número de cirugías é similar ao doutros anos nestes tres primeiros meses e que o incremento en cinco días da demora para unha intervención cirúrxica responde á lóxica.”
Debe estar conectado para enviar un comentario.