Filón en Ourense

images

Habitualmente, a calquera información ou dato negativo que se coñece de partidos políticos… (AGÁS O PP), préstaselle un gran interés nos distintos telexornais.

Certo é que a opinión pública galega debe coñecer estas novas e a cadea pública galega está  na obriga de adicar un espazo dentro a información diaria para estes temas de relevancia. O problema xorde cando se presentan uns e acalan outros.

Así podemos ver o exahautivo tratamento informativo que se lle da ao caso dos gastos con diñeiro público por parte do grupo de goberno municipal en Ourense (o PSdG-PSOE), en comidas e alcol.

O 1 de maio día no que saltaba a nova nos xornais os informativos incluiían adicaban 1.30 a situación en Ourense e unhas mínimas declaracións de Pachi Vázquez, ademáis de destacar o tema no titulares. Todo no Telexornal Mediodía.

http://www.crtvg.es/informativos/o-psoe-analizara-as-contas-do-grupo-municpal-no-concello-de-ourense-577711

O 2 de maio no informativo de mediodía foi destacado en titulares e tivo un espazo nos dous informativos centrais de 3.23 minutos. Curiosamente incluíronse unhas declaracións de Carmen Acuña na que pedía desculpas en nome dos seus compañeiros de Ourense nunha rolda de prensa para presentar datos sobre o aumento do tempo nas listas de espera nos hospitais galegos. Uns datos que contradecían os presentados o día anterior pola Xunta. As declaracións sobre as listas de espera non se emitiron.

http://www.crtvg.es/informativos/o-grupo-municipal-socialista-en-ourense-elude-falar-das-contas-578378

http://www.crtvg.es/informativos/a-deputada-carme-acuna-lamenta-a-imaxe-que-se-esta-a-dar-desde-ourense-e-pide-disculpas-578377

O 3 de maio. O debate no pleno do concello de Ourense céntrase sobre os gastos do grupo municipal socialista. Información que ocupa case 2 minutos.

http://www.crtvg.es/informativos/a-oposicion-no-concello-de-ourense-pide-explicacions-polas-contas-do-psoe-579331

http://www.crtvg.es/informativos/a-oposicion-solicita-explicacions-e-reponsabilidade-na-xestion-das-contas-579582

O 4 de maio. O PP de Ourense pide a dimisión do alcalde e solicita un pleno extraordinario. Esto difúndese a mediodía e a pola tarde coñécese un comunicado de Agustín Fernández no que pide disculpas. Adicóuselle 1.40.

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-pide-a-dimision-do-alcalde-de-ourense-polo-escandalo-das-contas-socialistas-579923

http://www.crtvg.es/informativos/o-alcalde-de-ourense-pide-perdon-polo-gasto-de-dinero-publico-en-alcol-579992

O 5 de maio. Foi a noticia máis destacada. Comezouse o informativo cos gastos dos socialistas de Ourense a mediodía é no serán tamén estivo presente nos titulares, como segundo tema. O tempo que se lle deu foi de algo máis de 3 minutos.

http://www.crtvg.es/informativos/o-alcalde-de-ourense-pide-perdon-e-escenifica-con-pachi-vazquez-a-union-socialista-580246

http://www.crtvg.es/informativos/o-alcalde-de-ourense-pide-perdon-e-escenifica-con-pachi-vazquez-a-union-socialista-580301

O 6 de maio. Tamén se incluíu nos titulares do mediodía. Na información recuperáronse as declaracións do alcalde do día anterior e tamén se incluiron as declaracións do día dos distintos grupos da oposición. En total 3:33 minutos.

http://www.crtvg.es/informativos/reaccions-da-oposicion-tras-as-desculpas-do-alcalde-de-ourense-polos-gastos-en-comida-e-alcol-580880

http://www.crtvg.es/informativos/reaccions-da-oposicion-as-desculpas-do-alcalde-de-ourense-581058

En total suman un cuarto de hora en 6 días. A nova pode ser relevante, pero a vara de medir é sempre moi distinta. Curiosamente das novidades sobre o Caso Bárcenas non se fai seguimento ningún.

Seguimento de Bárcenas, cero.

barcenas2

 

O 6 de maio almorzábamos con outra entrega do Caso Bárcenas en varias edicións dixitais.

http://www.elcorreo.com/vizcaya/v/20130506/politica/barcenas-jactaba-suiza-poder-20130506.html

http://www.telecinco.es/informativos/nacional/Luis_Barcenas-PP-Suiza-dinero-Dresdener_Bank-Ginebra_0_1599150257.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/05/06/barcenas-prometio-banco-suizo-sacar-espana-pudiera/0003_201305G6P16991.htm

Xa pola tarde aparece esta información colgada nas cabeceiras dixitais, nalgúns casos as 20:30:

A fiscalía Suiza abre unha investigación sobre a procedencia dos cartos de Bárcenas e asegura que confiscará os cartos do ex tesoureiro do PP se atopa delicto. Unha

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/06/espana/1367863742.html

http://www.lavanguardia.com/politica/20130506/54373856490/suiza-confiscara-dinero-barcenas-si-hubo-blanqueo-sobornos.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2013/05/06/fiscalia-ginebra-abre-investigacion-sobre-barcenas/00031367870655563892706.htm

http://politica.elpais.com/politica/2013/05/06/actualidad/1367868017_023530.html

A información sobre o presunto financiamento ilegal do PP e o patrimonio do seu ex tesoureiro non tivo nin un segundo na Galega.

 

Socialistas á baixa

????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????

Nos informativos da TVG, as noticias internacionais, agás  acontecementos moi especiais, soen ir preto do final, antes dos deportes.

Pero o luns 6 de maio, cando se coñece que a meirande parte dos franceses desaproban o primeiro ano de xestión do Presidente François Hollande (SOCIALISTA, como ben se destaca na información), os responsables do Telexornal mediodía DECIDEN QUE A NOVA VAIA CASE AO PRINCIPIO…

http://www.crtvg.es/informativos/o-76-dos-franceses-desaproban-o-primeiro-ano-de-goberno-do-socialista-hollande-580886

A nova emítese entre unhas declaracións de Cayo Lara (IU) sobre as propostas de Rubalcaba, e outra sobre que Pemex entra este mes no accionariado de Barreras.

O venres día 3 de maio, unha nova similar sobre o descrédito de Hollande, dase preto do final do TX serán… no  32º lugar.

http://www.crtvg.es/informativos/hollande-non-superaria-a-primeira-volta-nuhas-presidenciais-en-francia-un-ano-despois-de-ganar-as-eleccions-579576