29 de novembro. O director da CRTVG comparece na Comisión de Control do Parlamento. Na orde do día, os datos de producción e as horas de producción propia, pero tamén outras preguntas que se referían directamente a manipulación informativa feitas polos grupos da oposición.
Arquivo por etiquetas: comisión de control de CRTVG
O director xeral da CRTVG, máis preocupado pola denuncia que pola práctica da manipulación en TVG
O director xeral da Compañía de Radio Television de Galicia, Alfonso Sanchez Izquierdo, considera que hai que preocuparse máis polas boas prácticas profesionais nos medios de comunicación públicos que “perder o tempo” debatendo se TVG manipula ou non a información que emite. Foi o que dixo esta mañá, 30 de maio, na comisión parlamentaria que controla o ente.
A “Eu non manipulo” tamén lle preocupan moito as boas prácticas profesionais. De feito, é evidente que se todos, especialmente xefes e responsables dos programas informativos, traballaran con criterios profesionais non habería lugar á manipulación, e polo tanto desaparecería ese debate. Seguir lendo
Debe estar conectado para enviar un comentario.