A axencia de cualificación Standard & Poor,s confirmou hoxe o seu rating para Galicia, con perspectiva negativa (BBB-/A-3). A axencia entende que a comunidade segue mostrando un “alto nivel de enbededamento e un déficit elevado”.
Ademais certifica que Galicia “ten unha capacidade de financiametno limitada para oporse ás reformas do goberno central”.
Nun telexornal onde a economía ocupa boa parte do informativo é difícil entender o por qué se silencia esta nova. Pode ser que sexa efectivamente, como dixo o director xeral da CRTVG na súa comparecencia de onte no Parlamento, que os profesionais da TVG non dominan idiomas.
Sorte que toda a prensa galega sí conta con estes profesionais e so así se podería explicar que a nova apareza en todas as primeiras páxinas.
http://www.laopinioncoruna.es/economia/2013/05/31/sp-mantiene-galicia-borde-bono-basura/727839.html