
O silencio protector a un cura machista

Martes, 11 de marzo. O Telexornal mediodía ofrece ata seis informacións relacionadas co concello de Ourense, tras coñecerse que os nove membros da Xunta de Goberno no ano 2008 están imputados por prevaricación.
Entre eles figuran o actual alcalde de Ourense, o socialista Agustín Fernández, e dúas das súas actuais concelleiras, ademáis do ex-alcalde, Francisco Rodríguez, que dimitíu tras a súa imputación na Pokemon.
12 de xaneiro. O secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, criticou a “cara dura” de María Dolores de Cospedal co copagamento hospitalario porque é “dura pola mañá”, cando é secretaria xeral do PP, e “branda pola tarde”, cando exerce de presidenta de Castela-A Mancha.
O venres 20 de decembro, o goberno do PP aproba a reforma da lei do aborto, que para a oposición política e para gran parte da cidadanía é a máis restrictiva e involucionista en moitos anos.
Luns 14 de outubro. O presidente da comunidade de Madrid, Ignacio González (PP), publica un artigo no xornal “El pais”, no que mostra o seu total rexeitamento co actual modelo de financiamento das Autonomías, por consideralo “artificial, inxusto e incoherente”.
O venres 11 de outubro, os alcaldes galegos, a través da Federación galega de municipios e provincias (Fegamp), mostran O REXEITAMENTO TOTAL AO PROXECTO DE REFORMA LOCAL PROMOVIDA POLO GOBERNO CENTRAL DO PP.
Os informativos da TVG están a ocultar sistematicamente as declaracións do alcalde de Vigo, Abel Caballero, nas que defende o aeroporto de Peinador e critica duramente á Xunta polo que considera deslealdade, xa que segundo o rexedor vigués está privilexiando aos aeroportos de Santiago e A Coruña.
Venres, 16 de agosto. O Telexornal mediodía emite a información de que o concello de Santiago (gobernado polo PP) plantexa declarar persoa “non grata” ao alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSOE).
Seguir lendo
Debe estar conectado para enviar un comentario.