TVG repite un día despois noticias contra o PSdeG

descargaoprozoco

A Televisión de Galicia gústalle insistir nas noticias cando son perxudiciais para o PSdeG.  Mesmo non lle importa repetilas se así lembra asuntos espiñentos para os socialistas. Seguir lendo

As críticas ao alcalde da Coruña polas imputación​s non existen

O xoves 16 de xaneiro, o voceiro do BNG, Xavier Vence, solicita que o alcalde da Coruña, Carlos Negreira (PP), dea una explicación “detallada, extensa e clarificadora” sobre as imputacións de persoas relacionadas co concello, na Operación Pokemon.
Vence mostrouse moi crítico coas palabras do alcalde do Partido Popular, que minimizou o alcance da trama coruñesa da Pokemon, denominada “Pikachu”, porque – segundo Negreira – “afecta unha pequena parte da administración local”.
 Para o BNG, “todo o que sexa sombra de corrupción debe ser inmediatamente depurada e clarexada de forma pública. A cidadanía ten dereito a saber”.