Xoves, 27 de febreiro: a conselleira de Sanidade tivo que pasar case unha hora pechada nun despacho do Hospital Público de Ferrol (CHUF).
Xoves, 27 de febreiro: a conselleira de Sanidade tivo que pasar case unha hora pechada nun despacho do Hospital Público de Ferrol (CHUF).
Ao longo destes días foron xurdindo noticias relacionadas co cobro de dietas na Autoridade portuaria de Ferrol, por parte de membros do consello de administración que nin sequera asistiron ás sesións.
Entre os que cobraron eses cartos (no seu caso por un importe de 4.565 euros) figura o actual presidente da Deputación de A Coruña, Diego Calvo (PP). En 2012, Calvo non acudíu a ningunha das xuntanzas dese organismo, pero percibíu o diñeiro.
“O Complexo hospitalario de Santiago executará de xeito inmediato a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula o nomeamento de Manuel Bustamante como xefe de servizo de cirurxía xeral. Bustamante, que é o marido da conselleira de Sanidade, gañara o concurso no ano 2010. A sentenza alega vicio de desviación de poder e falta de motivación clamorosa.”
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a praza de Xefe de Cirurxía do Complexo Hospitalario de Santiago. A nova non tería maior relevancia, de non ser porque quen ocupa isa praza é o home da actual conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera.
O Parlamento de Galicia vivíu o mércores 18 unha das sesións máis duras e conflictivas nos últimos tempos, co debate sobre a situación da sanidade galega, con fortes críticas da oposición á xestión da Xunta.
Así se deu na TVG a información sobre as listas de espera nos hospitais públicos de Galicia o 29 de abril:
Non se menciona que son case 38.000 os galegos que agardan operarse e, aínda que se dan os datos por prioridades, non se especifica que no último ano medraron todos eles (moi graves (de 16 a 19 días de espera), graves (de 63 a 68) e menos graves). A media de espera pasou de 64 a 69 días (sen contar POVISA, de 82 a 83 co centro vigués). Tampouco se menciona.
A axencia Europa Press informaba, as 14:12, antes do comezo do informativo de que ” a espera media para operarse aumenta 5 días en os hospitais do Sergas no primeiro trimestre fronte a 2012″, uns datos que tampouco se incluiron na información da Galega, nin na edición da tarde.
Ó día seguinte a mesma conselleira explicaba os datos, recoñecendo e xustificando os incrementos nos períodos de espera. Na TVG tampouco se recolleu esta información.
Mesmo “indicou que o número de cirugías é similar ao doutros anos nestes tres primeiros meses e que o incremento en cinco días da demora para unha intervención cirúrxica responde á lóxica.”
Debe estar conectado para enviar un comentario.