As denuncias sindicais contra a Consellerí​a de Sanidade, en versión “light”

O martes 15 de xaneiro, os sindicatos que convocaron a folga xeral na sanidade pública galega o pasado mes de decembro denuncian, en rolda de prensa conxunta, as “privatizacións”, a implantación dos novos “copagamentos” e a redución de persoal, que cifran nuns 1.500 profesionais.
Os representantes dos traballadores destacaron “a baixada da calidade da sanidade, o aumento das listaxes de espera pola diminución do persoal, e a derivación dos pacientes á privada coa fin de vender a sanidade pública”.