“Leña” ao BNG cara as eleccións europeas

                        O sábado, 15 de marzo, os Telexornais ofrecen a información relativa á precampaña electoral das europeas do BNG, coa actividade desenvolvida polo voceiro, Xavier Vence, e a candidata Ana Miranda.

Pero tanto o Telexornal mediodia coma o Telexornal serán deste sábado emiten a continuación unhas declaracións da voceira do PP de Galicia, Paula Prado, nas que volve insinuar a relación dos nacionalistas galegos con ETA.

Seguir lendo

As críticas ao alcalde da Coruña polas imputación​s non existen

O xoves 16 de xaneiro, o voceiro do BNG, Xavier Vence, solicita que o alcalde da Coruña, Carlos Negreira (PP), dea una explicación “detallada, extensa e clarificadora” sobre as imputacións de persoas relacionadas co concello, na Operación Pokemon.
Vence mostrouse moi crítico coas palabras do alcalde do Partido Popular, que minimizou o alcance da trama coruñesa da Pokemon, denominada “Pikachu”, porque – segundo Negreira – “afecta unha pequena parte da administración local”.
 Para o BNG, “todo o que sexa sombra de corrupción debe ser inmediatamente depurada e clarexada de forma pública. A cidadanía ten dereito a saber”.

Que foi de Besteiro, Díaz e Vence en Castroverde ??

       
Domingo 13 de outubro. No concello de Castroverde (Lugo) desenvólvese unha homenaxe ás vítimas da Guerra Civil e do franquismo. O acto tivo lugar na parroquia de Montecubeiro, lugar no que 15 persoas foron asasinadas no verán de 1937.

Seguir lendo