Que trato tan distinto se o PP goberna ou é oposición !!!

Vázquez Barquero y Áurea Soto, en un momento de la rueda de prensa de hoy. (XESÚS FARIÑAS)

Martes, 11 de marzo. O Telexornal mediodía ofrece ata seis informacións relacionadas co concello de Ourense, tras coñecerse que os nove membros da Xunta de Goberno no ano 2008 están imputados por prevaricación.

Entre eles figuran o actual alcalde de Ourense, o socialista Agustín Fernández, e dúas das súas actuais concelleiras, ademáis do ex-alcalde, Francisco Rodríguez, que dimitíu tras a súa imputación na Pokemon.

Esta é a relación e orde das noticias sobre o concello de Ourense emitidas no Telexornal mediodía:

 

          Pode parecer excesivo ou non, equilibrado ou non, pero é un tratamento informativo no que se lle da voz tanto ao goberno como á oposición no concello ourensán; o correcto sobre todo nestes casos; a opinión de tódalas partes.
          Pero esta non é a norma dos informativos da TVG. Hai só uns días, neste mesmo blog aludiamos á desvergoña do Telexornal mediodía, polo seu partidismo e descaro ao abordar a decisión xudicial de sentar no banquiño a sete concelleiros do PP de Santiago.
          O martes 4 de marzo, o TX1 só ofreceu declaracións do alcalde e da tenente de alcalde, ámbolos do PP. Nin rastro da oposición:
             Ocorreu o mesmo coa oposición parlamentaria, que solicitou medidas para acabar co que sucede no goberno compostelán… O único que se emitíu foron declaracións do voceiro do PP:
                A feira para os responsables de informativos, segundo lle vai nela. Tempo e noticias cando o PP é oposición (caso de Ourense), e nada ou case nada se a oposición (no caso de Santiago, PSOE e BNG) ataca ou critica ao PP ou a algún dos seus representantes.

                Por certo, un día destes falaremos do tempo que levan sen sair na TVG os voceiros da oposición municipal en Santiago, Francisco Reyes do PSOE e Rubén Cela do BNG… Outra vergoña “desinformativa”.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s