Arquivo por etiquetas: copago hospitalario
As críticas a Cospedal… mellor non
12 de xaneiro. O secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, criticou a “cara dura” de María Dolores de Cospedal co copagamento hospitalario porque é “dura pola mañá”, cando é secretaria xeral do PP, e “branda pola tarde”, cando exerce de presidenta de Castela-A Mancha.
Un alcalde solidario… que non é do PP
O mércores 30 de outubro coñécese a noticia de que o alcalde do concello ourensán de Carballeda de Avia, Luis Milia (PSOE), anuncia que ABOARÁ DO SEU PETO O COPAGO FARMACEUTICO AOS VECIÑOS CON INGRESOS BAIXOS QUE TEÑAN DIFICULTADES PARA PAGALOS.
Silenciados os concellos insubmisos ao copagamento farmacéutico
11 outubro. O concello lucense de Pol, gobernado polo socialista Lino Rodríguez, e o da Pobra do Brollón, con rexedor nacionalista, súmanse á iniciativa que comezou o municipio de Riotorto e asumirán o copagamento farmacéutico hospitalario para enfermos crónicos e de cancro nos casos de “familias con dificultades”.
Silenciando que Riotorto asumirá o copago hospitalario
O venres 4 de outubro, o concello de Riotorto, no que goberna o BNG, decide que asumirá o copago en fármacos hospitalarios dos veciños que padecen patoloxías graves ou crónicas.
Debe estar conectado para enviar un comentario.