Arquivo por etiquetas: Consellería de Sanidade
A “sospeitosa” desaparición da última frase
Martes, 4 de xuño: 40 alcaldes e voceiros socialistas de Lugo asinaron un manifesto para esixir a implantación de varios servizos sanitarios no HULA.
Así o redactou a delegación de Lugo:
Alcaldes e voceiros socialistas da provincia de Lugo presentaron un manifesto pra esixirlle á Xunta a posta en marcha dos servizos prometidos no Hospital Lucus Augusti. Baixo o lema “Non somos cidadáns de segunda” o presidente da Deputación deu lectura ás súas reivindicacións. Xosé Ramón Gómez Besteiro lembrou que a creación das áreas de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear era xa un compromiso do anterior Goberno galego.
Os socialistas pediron apoio cidadán á manifestación convocada pra este xoves por 130 colectivos pra reclamar estes servizos, que consideran prioritarios.
Así se leu no Telexornal Mediodía (son dous enlaces, xa que un é continuidade doutro. Ollo á última frase do texto dos nosos compañeiros de Lugo).
http://www.crtvg.es/informativos/temperaturas-altas-en-toda-galicia-600580
Por que non se leu a última frase malia que a redacción permaneceu inalterada? Un misterio, pero non deixa de ser sospeitoso.
Poñemos o noso correo a diposición de todo aquel/a que dunha forma anónima e confidencial queira desentrañar este misterio: eunonmanipulo@gmail.com
Só versión oficial
4 de maio. Sanidade publica un novo modelo de prestación ortoprotésica, que implanta o reintegro como sistema de pagamento, é dicir, que o usuario deberá adiantar o importe íntegro das súas próteses ou material ortopédico.
Dase a información dende o punto de vista do Goberno galego dando a coñecer o datos positivos que ten a medida para a xestión da Xunta e non o impacto negativo que terá no usuario da sanidade pública, que é realmente o que resulta interesante para os cidadáns. Seguir lendo
Un clásico na manipulación: as listas de espera
Así se deu na TVG a información sobre as listas de espera nos hospitais públicos de Galicia o 29 de abril:
Non se menciona que son case 38.000 os galegos que agardan operarse e, aínda que se dan os datos por prioridades, non se especifica que no último ano medraron todos eles (moi graves (de 16 a 19 días de espera), graves (de 63 a 68) e menos graves). A media de espera pasou de 64 a 69 días (sen contar POVISA, de 82 a 83 co centro vigués). Tampouco se menciona.
A axencia Europa Press informaba, as 14:12, antes do comezo do informativo de que ” a espera media para operarse aumenta 5 días en os hospitais do Sergas no primeiro trimestre fronte a 2012″, uns datos que tampouco se incluiron na información da Galega, nin na edición da tarde.
Ó día seguinte a mesma conselleira explicaba os datos, recoñecendo e xustificando os incrementos nos períodos de espera. Na TVG tampouco se recolleu esta información.
Mesmo “indicou que o número de cirugías é similar ao doutros anos nestes tres primeiros meses e que o incremento en cinco días da demora para unha intervención cirúrxica responde á lóxica.”
Debe estar conectado para enviar un comentario.