Caballero “persoa non grata”?, iso si se da

 

Venres, 16 de agosto. O Telexornal mediodía emite a información de que o concello de Santiago (gobernado polo PP) plantexa declarar persoa “non grata” ao alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSOE).

Este mantén nos últimos tempos unha actitude belixerante contra a Xunta de Galicia porque considera que privilexia ao aeroporto de Santiago (economicamente e coa xestión) en detrimento do de Vigo:
A TVG ofrece a “reacción” do concello de Santiago, nun alarde de transparencia informativa… algo que non tivo días pasados, cando non se deu absolutamente nada das críticas do alcalde vigués contra a Xunta.

http://www.economiadigital.es/gles/notices/2013/08/el_reparto_de_ayudas_de_la_xunta_abre_otra_guerra_entre_santiago_y_vigo_31932.php

Soe ser unha táctica informativa: non dar ningunha información crítica co PP, a Xunta ou algún concello ou persoeiro do Partido Popular, e logo dar a réplica ou reacción xa mencionada dese grupo político. Van entendendo cómo se manipula?

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s