O ninguneo a Abel Caballero

         

Os informativos da TVG están a ocultar sistematicamente as declaracións do alcalde de Vigo, Abel Caballero, nas que defende o aeroporto de Peinador e critica duramente á Xunta polo que considera deslealdade, xa que segundo o rexedor vigués está privilexiando aos aeroportos de Santiago e A Coruña.

Para Caballero, que compareceu en rolda de prensa, o último agravio é a supresión do voo de Air Europa Vigo – Madrid das sete da mañá, en beneficio da Coruña.

Os medios de comunicación destacan os comentarios de Abel Caballero os días 19 e 20 de agosto:

Pero… sorpresa !!!. Ningún informativo da TVG da a noticia. Nin un só segundo para as declaracións do alcalde da cidade máis poboada de Galicia e un dos motores industrial e empresarial da comunidade. Igual porque é do PSOE…
Lembraredes que os telexornais si falaron de Abel Caballero hai uns días (o 16 deste mes de agosto)… para dicir que o concello de Santiago podería declaralo “persoa non grata”!!!!:
Igual é que Abel Caballero xa é “persoa non grata” para os informativos da TVG.
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s