
O luns 5 de maio volve a polémica ao redor das declaracións dun membro do clero. O párroco de Canena (Xaén) afirmou – durante a homilía na misa dominical – que hai trinta anos “ao mellor un home emborrachábase e chegaba á casa e pegáballe á muller, pero non a mataba como hoxe” (sic)
O cura, Pedro Ruiz, argumentou esa afirmación porque “antes había un sentido moral, uns principios cristiáns, e hoxe non o hai”.
Nada máis coñecerse o feito, os medios de comunicación danlle unha ampla repercusión, informando sobre todo do malestar e indignación creados en distintos sectores sociais – sobre todo no ámbito da muller – polas palabras do párroco xienense:
http://www.diariojaen.es/provincia/item/66571-polemica-homilia-del-cura-de-canenahttp://www.elmundo.es/andalucia/2014/05/05/53679e91ca474173398b4580.html
Pero como ven sendo habitual con estes “temas”, a TVG non ofrece absolutamente nada sobre a noticia. É case unha norma nos Telexornais: silenciar informacións negativas para a Igrexa e/ou os seus representantes. Cando toda a prensa se fai eco delas, a TVG, de xeito absurdo e inexplicable, ocúltaas. Como diría Mourinho… por que ??… por que ??