Os contrastes informativos cos datos do paro

             O martes 6 de maio, coñécense os datos do paro do pasado mes de abril, que ofrecen un descenso no número de desempregados de algo máis de 111.000 persoas en España, das que 6.300 corresponden a Galicia.

             Son cifras referidas á diferencia co mes de marzo, e hai un detalle moi importante: a influencia positiva da semana santa, que conleva un importante aumento de contratacións sobre todo no sector servizos.

             O Telexornal mediodía da TVG fai case un mini-especial informativo sobre o asunto, con gran realce nos titulares, e con varios videos que resaltan eses datos, aínda que deixando perdido polo medio da noticia o dato da importancia da semana santa.

Seguir lendo

Que trato tan distinto se o PP goberna ou é oposición !!!

Vázquez Barquero y Áurea Soto, en un momento de la rueda de prensa de hoy. (XESÚS FARIÑAS)

Martes, 11 de marzo. O Telexornal mediodía ofrece ata seis informacións relacionadas co concello de Ourense, tras coñecerse que os nove membros da Xunta de Goberno no ano 2008 están imputados por prevaricación.

Entre eles figuran o actual alcalde de Ourense, o socialista Agustín Fernández, e dúas das súas actuais concelleiras, ademáis do ex-alcalde, Francisco Rodríguez, que dimitíu tras a súa imputación na Pokemon.

Seguir lendo