Non houbo protestas contra a lei do aborto en Galicia ??

.

           O venres 20 de decembro, o goberno do PP aproba a reforma da lei do aborto, que para a oposición política e para gran parte da cidadanía é a máis restrictiva e involucionista en moitos anos.

O Telexornal serán da TVG (o do mediodía só deu parte da rolda de prensa en directo de Gallardón, seguramente por razóns de tempo) só ofrece uns segundos sobre a protesta de xente crítica que pide a dimisión do Ministro de xustiza, Alberto Ruiz Gallardón:

               E de seguido emite outro video da concentración en Madrid dos contrarios ao aborto:
              En Galicia, nada máis coñecerse a nova formulación da lei por parte do goberno central do PP, prodúcense concentracións nas sete cidades máis importantes, así coma en Cangas, Ribeira, Burela e Ribadeo. Como exemplo, a de Vigo:
              O Telexornal serán dese día non da nin a máis mínima imaxe de ningunha das manifestacións desenvolvidas na nosa comunidade, a pesar de que todas elas foron vonvocadas ás 19 horas, e había tempo de sobra para ir grabalas.

              E confirma que non foi problema de tempo, o feito de que o Telexornal mediodía do sábado 21 de decembro tampouco emitíu nada sobre as mobilizacións en Galicia (nin en ningunha outra parte). Limitáronse a ofrecer dúas declaracións, de Elena Valenciano do PSOE, e dun representante de “Dereito á vida”:

http://www.crtvg.es/informativos/o-psoe-reafirmase-en-que-a-lei-do-aborto-e-innecesaria-e-inxusta-720214

          Escaso, cativeiro… tratamento insignificante a un asunto tan relevante e que causa tanta contestación cidadá. Sobre todo no Telexornal mediodía deste sábado. E imperdoable que non se dese nin unha soa imaxe das protestas  que houbo en Galicia contra a reforma da lei do aborto.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s