
O 3 de maio publícase o barómetro do CIS do anterior mes o de abril. Esta é a información que se da na TVG.
O PP sería hoxe o máis votado, segundo o barómetro do CIS, e aumenta a distancia co PSOE
http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-seria-hoxe-o-mais-votado-segundo-o-barometro-do-cis-e-aumenta-distancia-co-psoe-579347
A información extraída dos mesmos datos pola maioría dos medios é moi diferente. Todos valoran os resultados como unha perda de voto do PP en 10 puntos. O partido que lidera Mariano Rajoy recibiría o 34% dos votos, por debaixo do 44,62% das eleccións de novembro de 2011. O PSOE, pola súa banda, lograría co 28,2% cinco décimas menos. Subirían Izquierda Unida e UpyD.
Tampouco se fai referencia a que Mariano Rajoy é dos políticos peor valorados xunto con Rubalcaba. Rajoy quédase nun 2,44 (2,81 no Barómetro anterior) e o líder da oposición nun 3,00, que tamén perde catro décimas.
Sendo os mellor valorados Rosa Díez de UPyD cun 3,96 (en xaneiro 4,33), Uxúe Barkos de Geroa Bai, con un 3,81, e Cayo Lara de IU, con un 3,52.
Outros medios, incluso nos seus criterios editoriais afíns a liña de goberno, varían na súa presentación da enquisa. Aínda que presentan a información dando como vencedor o Partido Popular sí que engaden datos : “O partido que lidera Rajoy perdería dez puntos respecto aos comicios de 2011, mentres que Rubalcaba o fai en cinco décimas”
http://www.abc.es/espana/20130503/abci-electoral-abril-201305031209.html
E mesmo dan datos do descenso na valoración dos principais líderes Rajoy e Rubalcaba.
http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/2121825/espana/rajoy-y-rubalcaba-siguen-empeorando-su-valorac#.UYPJQMouCSo
Aquí están as versións das diferentes cabeceiras.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/03/espana/1367588483.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/03/espana/1367570638.html
http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/2121474/espana/el-pp-ganaria-las-elecciones-y-sube-un-punto-s#.UYPJsMouCSo
http://www.abc.es/espana/20130503/abci-electoral-abril-201305031209.html
http://politica.elpais.com/politica/2013/05/03/actualidad/1367575752_490062.html
http://www.publico.es/454713/el-pp-obtiene-el-peor-resultado-en-estimacion-de-voto-desde-2011-pero-aumenta-su-ventaja-con-el-psoe
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2013/05/03/pp-resiste-aumenta-ventaja-sobre-psoe/00031367577747091882167.htm
http://www.farodevigo.es/espana/2013/05/03/pp-amplia-ventaja-psoe-pese-perder-apoyo/802965.html
Debe estar conectado para enviar un comentario.