Luns 14 de outubro. O presidente da comunidade de Madrid, Ignacio González (PP), publica un artigo no xornal “El pais”, no que mostra o seu total rexeitamento co actual modelo de financiamento das Autonomías, por consideralo “artificial, inxusto e incoherente”.
González abre así unha clara brecha co seu propio partido, o PP, e con Mariano Rajoy, ao que seica se enfrontou na xuntanza que os conservadores desenvolveron en Madrid ese mesmo luns:
http://politica.elpais.com/politica/2013/10/13/actualidad/1381678130_394228.htmlhttp://www.abc.es/local-madrid/20131014/abci-ignacio-gonzalez-financiacion-201310141127.
htmlhttp://www.lavanguardia.com/politica/20131014/54391048080/ignacio-gonzalez-replica-rajoy-financiacion-caduca-tres-meses.htmlhttp://www.elperiodico.com/es/noticias/politica/articulo-ignacio-gonzalez-reforma-financiacion-2746549http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2013/10/14/ignacio-gonzalez-insiste-cambiar-modelo-financiacion-dice-ley/00031381742825692131537.htm
Para os informativos da TVG, isa voz crítica do presidente madrileño non existe. O Telexornal mediodía non di absolutamente nada:
E no Telexornal serán só se di que o financiamento “cambiará” en 2014, pero sen especificar nada, e sen comentar -como si fan outros medios- que Rajoy “recúa” despois das duras críticas de Ignacio González:
Por enésima vez ocúltanse as voces críticas dentro do PP e/ou disensións internas, algo que sen embargo se destaca cando se trata doutros grupos políticos.