Venres 3 de maio. O alcalde de Cesuras, Julián Lucas (PP), anuncia a súa demisión por “motivos persoais”, segundo di nun comunicado.
O concello de Cesuras está inmerso nun complicado e difícil proceso de fusión con Oza dos Ríos, tamén gobernado polo PP. Numerosos veciños de Cesuras rexeitan a unión, e o mesmo alcalde Lucas chegou a recibir ameazas.
Tamén recibiron moitas críticas a Deputación da Coruña (o presidente Diego Calvo (PP) recibíu apupos en máis dunha ocasión), e a Xunta, por non ofrecer un proceso transparente e non contar coa cidadanía de Cesuras e Oza.
http://www.abc.es/local-galicia/20130503/abci-alcalde-cesuras-abandona-gobierno-201305031658.html
http://elprogreso.galiciae.com/nova/248500-alcalde-cesuras-dimite-pleno-proceso-fusion-oza
O Telexornal mediodía da TVG soamente ofrece 15 (QUINCE) segundos sobre a noticia, SEN CITAR EN NINGÚN MOMENTO QUE O PROCESO DE FUSIÓN ESTÁ PARALIZADO E ATRAVESA UNHA FASE DE GRAN INCERTIDUME. Unicamente se di que “O alcalde de Cesuras dimite por motivos persoais”…
http://www.crtvg.es/informativos/o-alcalde-de-cesuras-dimite-por-motivos-persoais-579328
Outra vez (e van…), O SILENCIO E A OCULTACIÓN en asuntos incómodos para o Partido Popular…