O venres 3 de maio, o Tribunal superior de xustiza de Galicia REXEITA o despido colectivo de 25 traballadores na Deputación de Ourense.
A presentación do ERE (o primeiro promovido desde unha Administración en Galicia), xa desatara numerosas críticas contra o presidente Xosé Manuel Baltar (PP), porque mentres aplicaba o despido, seguía metendo na Deputación a xente afín ao PP, daba subvencións “a dedo” e contrataba asesores con soldos moi elevados…
O Tribunal superior de xustiza de Galicia declarou “non axustado a dereito” o citado ERE (Expediente de regulación de emprego).
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/03/galicia/1367575965_108399.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/03/espana/1367588000.html

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/tsxg-declara-no-ajustado-derecho-ere-diputacion-ourense/idEdicion-2013-05-03/idNoticia-804752/
A pesar da importancia da decisión do TSXG, o Telexornal mediodía da TVG relega a noticia cara ao final do informativo, e danse só uns 20 segundos, dun xeito bastante confuso e sen destacar en ningún intre que o fallo é un varapau contra o presidente Baltar e os seus métodos.