Unha noticia “normal” sen trascendencia política

https://i0.wp.com/fotos01.farodevigo.es/2014/06/04/646x260/paula-prado-hoy-r.jpg

 

                Mércores 4 de xuño. A voceira do PP de Galicia, número tres na xerarquía do partido e persoa de confianza do presidente Alberto Núñez Feijoo, Paula Prado, dimite do seu cargo orgánico pero non deixa o escano no Parlamento de Galicia.

                A súa presunta relación coa operación Pokemon, cando era concelleira en Santiago, complicáballe o labor de voceira do partido do goberno galego, segundo ela mesma explicou en rolda de prensa.

Seguir lendo

Evitando dicir que o xuiz bébedo é próximo ao PP

 

 

                 O domingo 1 de xuño, o maxistrado do Tribunal constitucional, Enrique López, moi próximo ao PP, é detido en Madrid por varios delitos contra a seguridade vial: saltar un semáforo en vermello, conducir a súa moto sen o casco regulamentario, e cuadriplicar a taxa máxima permitida de alcohol.

  Seguir lendo

Evitando as noticias incómodas para o PP co aborto

              Venres 21 de febreiro. A concelleira do Partido Popular en Calasparra (Murcia), Davinia Saorín, que hai uns días cualificou de “terroristas” ás mulleres que abortan, dimite do seu cargo, xunto co voceiro municipal do PP e o responsable de comunicación.

Nada de escándalos do PP, pero si críticas á oposición

O venres 15, o PS de G-PSOE e o BNG reclaman a comparecencia do alcalde de Cea, José Luis Valladares (PP); do presidente provincial do PP, José Manuel Baltar; e do líder galego do PP e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para que expliquen a súa relación coa rede de fraude fiscal destapada polo responsable do grupo empresarial “5 Jotas”, José Manuel Costas.

Seguir lendo

Silenciando as voces críticas no incendio do Pindo

pindo

13 setembro. O lume queima en Carnota o Monte Pindo. A organización Monte Pindo Parque Natural, (http://www.montepindo.org/), é das primeiras voces críticas co goberno da Xunta, pola súa actuación neste incendio e pola xestión deste espazo natural.

 

Seguir lendo

Por fin se fala de Baralla… pero daquela maneira

              

Eureka !!!, que diría Arquímedes. Á sexta foi a vencida !!!. Por fin, o xoves 22 de agosto A TVG INFORMA SOBRE O ALCALDE DE BARALLA, que semanas atrás xustificou as condenas a morte do franquismo.

Seguir lendo

Segue o patético silencio sobre o alcalde de Baralla

                O luns 19 de agosto, o alcalde de Baralla, Manuel González Capón (PP), accede às peticións dos grupos municipais do PSOE e o BNG de CONVOCAR UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA DEBATER A SÚA DIMISIÓN, despois de que días atrás, durante un pleno, afirmara que “os que foron condenados a morte durante o franquismo merecíano”.

Seguir lendo

Baltar desfaise de Freire Couto e a TVG mira para outro lado

Xoves, 16 de maio: dimite o presidente do INORDE, Jose Manuel Freire Couto, alcalde de Barbadás e deputado provincial de Ourense, un político rodeado da polémica: multa de Facenda por non pagar todo o IRPF que lle corespondía e presuntas relacións con construtores e políticos corruptos.

     Ademais a súa xestión ao fronte do INORDE foi nula, cun 74% do seu presuposto de 2013 de un millón de euros destinado a persoal e só 3.000 euros destinados a investimento. Así informan os medios de comunicación:

Dimite o Alcalde de Cesuras… e da fusión que ???

concellos-coruneses-Cesuras-Oza-Rios-hacen-oficial-fusion

 

Venres 3 de maio. O alcalde de Cesuras, Julián Lucas (PP), anuncia a súa demisión por “motivos persoais”, segundo di nun comunicado.

O concello de Cesuras está inmerso nun complicado e difícil proceso de fusión con Oza dos Ríos, tamén gobernado polo PP. Numerosos veciños de Cesuras rexeitan a unión, e o mesmo alcalde Lucas chegou a recibir ameazas.

Tamén recibiron moitas críticas a Deputación da Coruña (o presidente Diego Calvo (PP) recibíu apupos en máis dunha ocasión), e a Xunta, por non ofrecer un proceso transparente e non contar coa cidadanía de Cesuras e Oza.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/05/03/dimite-alcalde-cesuras-concello-proceso-fusion-oza-dos-rios/0003_2013051367583008660294.htm

http://www.abc.es/local-galicia/20130503/abci-alcalde-cesuras-abandona-gobierno-201305031658.html

http://elprogreso.galiciae.com/nova/248500-alcalde-cesuras-dimite-pleno-proceso-fusion-oza

O Telexornal mediodía da TVG soamente ofrece 15 (QUINCE) segundos sobre a noticia, SEN CITAR EN NINGÚN MOMENTO QUE O PROCESO DE FUSIÓN ESTÁ PARALIZADO E ATRAVESA UNHA FASE DE GRAN INCERTIDUME. Unicamente se di que “O alcalde de Cesuras dimite por motivos persoais”…

http://www.crtvg.es/informativos/o-alcalde-de-cesuras-dimite-por-motivos-persoais-579328

Outra vez (e van…), O SILENCIO E A OCULTACIÓN en asuntos incómodos para o Partido Popular…