Tratamento da Comparecencia de Feijoo no Parlamento sobre Marcial Dorado

 O tratamento informativo no TX mediodía deste 10 de abril, sobre a comparecencia de Feijoo no Parlamento para dar detalles da súa relación con Marcial Dorado, foi completamente tendencioso e cunha desproporción absoluta no tempo adicado ao goberno e ao PP, e aos partidos da oposición.
Neste primeiro video só se ofrece a intervención de Feijoo (1 minuto e 8 segundos), destacando que a meirande parte de contratos coa empresa de Dorado fixoa o bipartito (por certo, recoñecendo que tamén houbo contratos nos gobernos de Fraga…).
No segundo video, dase a intervención do BNG (só 19 segundos de Jorquera falando de mortos pola droga) e logo a contestación de Feijoo (27 segundos) relacionando ao BNG co terrorismo.
 A continuación emítese un video de case 50 segundos, adicado soamente ao que chaman “interrupcións” de Beiras e Jorquera na sesión, cun rótulo sobre as imaxes que di textualmente: “Beiras e Jorquera interrompen a comparecencia”, e escoitándose claramente as chamadas de atención da presidenta da Cámara a ámbolos. É unha clara intención de descalificar a eses deputados de AGE e BNG, dándolle especial relevancia á información, que se emite antes das intervencións de AGE, PS de G-PSOE e PP.
E de seguido, dase o video da intervención de Beiras por AGE… cando se derruba emocionalmente e mesmo chora polo “noxo” que lle da esta Xunta… Só se dan 20 segundos de Beiras. Logo ofrécese a contestación de Feijoo (35 segundos) que … presume de ser de aldea e ironiza con que nunca tivo piano nin estudou na Sorbona (en alusión ao propio Beiras).
Despois chega o tempo para o PS de G-PSOE, no que se ofrece brevemente a intervención de Pachi Vázquez, e logo a contestación de Feijoo (31 segundos) na que insinúa que Vázquez o visitou para pactar silencios sobre a operación Campeón, onde hai imputados de ámbolos partidos. Esta xuntanza desmentiuna o secretario xeral dos socialistas que afirmou que a Xunta non quixo achegar datos sobre as subvencións ás empresas de Dorado.
E finalmente, dase a intervención de Puy (PP), que en 49 segundos eloxia e bota frores a Feijoo persoal e politicamente, dicindo que o Partido e a xente galega “de ben” está con é. Omitiuse a frase do voceiro do PP na que dixo textualmente que “Feijóo foi utilizado por narcotraficantes para lexitimarse”.
Resumindo: fíxose unha información totalmente favorable ao PP e a Feijoo, onde o de menos foi a relación que mantivo con Marcial Dorado. A TVG descalificou totalmente aos membros de BNG e AGE, e tentou (unha vez máis) relacionar ao PS de G-PSOE con casos de corrupción. E sumando os tempos que lle adicaron ás intervencións… é escandalosa a diferenza a prol do PP.
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s