Licenciados galegos en paro

universitariosCatro de cada dez mozos galegos que acabaron a carreira en 2009 están no paro segundo o último informe do Sistema Universitario de Galicia (Ascug). En catro anos o paro entre os recén graduados subiu do 23% ao 41%. Esta información non se emitiu en ningún dos informativos principais da cadea.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/04/04/paro-recien-graduados-sube-23-41-cuatro-anos/0003_201304G4P8995.htm

Ocúltase que Bruxelas corrixe ao Goberno

A semana pasada Eurostat rectificou o dato do déficit achegado polo Goberno español de 6,7 a 6,9% por mor das devolucións fiscais demoradas dun ano para outro. A versión do xornalista era ésta:

“Bruxelas corrixe ao Goberno e eleva o déficit do 2012 ao 6,98 por centro…..”

A noticia foi revisada polos responsables do Telexornal Mediodía e emitiuse coas seguinte redacción:

“Bruxelas eleva lixeiramente o déficit español ata o 6.98 por cento….”

 

Lugo contra a área sanitaria única

Manifestación masiva en Monforte de Lemos contra a área sanitaria única para toda a provincia, que foi silenciada polos informativos da Galega.

manifa monforte

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/miles-de-personas-se-manifiestan-en-monforte-por-mantener-un-area-sanitaria-propia/idEdicion-2013-03-16/idNoticia-796520/

Manifestación contra a “privatización” da sanidade

Manifa pontevedar

Nos principais Telexornais da TVG non se informou que máis de 5.000 persoas, segundo a organización, secundaron o 21 de marzo en Pontevedra a manifestación en contra da “privatización” da sanidade, convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública.

Cáritas atende un 40 por cento máis de persoas nos seus centros

Cáritas informa de que algúns dos seus centros interparroquiais de Galicia experimentaron un incremento de ata un 40 % no número de persoas atendidas en 2012, respecto o ano anterior. A información non apareceu en ningún Telexornal.

pobreza_aumenta_España

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/03/23/crecen-40-usuarios-caritas-galicia/0003_201303G23P28991.htm

As contas da muller de Bárcenas

Muller barcenasVarios xornais publican o día 5 de marzo que Rosalía Iglesias, a muller de Luis Bárcenas, tivo nunha conta 11 millós de euros malia estar no paro, e que o xuíz que Antonio Pedreira do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, que investigou as contas do administrador do PP no 2011, non tivo en consideración estos datos da Axencia Tributaria e arquivou o caso. Nos informativos na cadea pública galega non se informou desta nova.

http://www.lavanguardia.com/politica/20130306/54368056380/mujer-barcenas-ingreso-millones-hacienda.html

http://politica.elpais.com/politica/2013/03/03/actualidad/1362342710_570717.html

http://www.publico.es/394078/el-juez-archiva-la-causa-contra-el-extesorero-del-pp-luis-barcenas

Imputación de Conde Roa

       Conde RoaO 4 de marzo de 2013 Conde Roa, declarou durante sete horas  en Lugo, abandonando o xulgado as 20:30. Na información que se deu no Telexornal Serán afirmábase que “podería” ser imputado por prevaricación e suborno, cando un teletipo da axencia Europa Press das 20:49 xa confirmaba a súa imputación por prevaricación, suborno e tráfico de influencias. O informativo comezou ás 20:58 e ten unha duración de 47 minutos, en todo ese tempo non se confirmou o a imputación. Tampouco se fixo referencia a que o ex alcalde de Santiago pertence o Partido Popular.

http://www.crtvg.es/informativos/declara-conde-roa-como-imputado-na-operacion-manga-542145

Manifestación contra os recortes do Goberno galego

Manifa recortesO 26 de febreiro de 2013 máis de 200 representantes dos traballadores, segundo informacións da axencia EFE, manifestáronse ás portas do Parlamento cando se aprobaban os orzamentos. Amosaban a súa oposición aos recortes nas partidas de gasto do Goberno galego por considerar que “atentan contra o servizo público”. Nos Teloxornais principais ocupou un espazo de 14 segundos.

http://www.crtvg.es/informativos/concentracion-a-favor-dos-servizos-publicos-538420

 http://www.20minutos.es/noticia/1738297/0/

 http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/02/26/galicia/1361894887_781120.html

 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/02/26/protestas-ante-parlamento-funcionarios-publicos-contra-recortes/00031361884006405654140.htm

 http://www.europapress.es/galicia/noticia-medio-centenar-personas-protesta-parlamento-contra-reduccion-presupuesto-universidades-20130225104759.html

O PP veta a comparecencia de Feijóo no Parlamento polos casos de corrupción

feijoo parlamento

O xornal La Voz de Galicia recolle esta información o día 20 de febreiro 2013, na que afirma que os populares vetaron unha proposta do PsdeG. Na canle pública galega non se fixo referencia.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/02/20/pp-veta-comparecencia-feijoo-parlamento-casos-corrupcion/0003_201302G20P6993.htm

Ana Mato e Caso Gürtel

Mato Sepulveda

O 19 febreiro de 2013 saía en todos medios de comunicación que o xuíz Pablo Ruz consideraba que o ex-senador do PP Jesús Sepúlveda recibira máis de 500.000 euros de Francisco Correa, un dos implicados na trama GURTEL. Esta información non foi nos titulares en ningún dos dous telexornais principais da cadea. No Teloxornal Mediodía facíase unha breve mención e no Telexornal Seran, dábase conta dun xeito máis amplo pero non se relacionaba a Ministra de Sanidade do PP, Ana Mato, co caso malia estar casada con Sepúlveda na data na que recibíu os subornos. Si se fixo alusión a petición dos grupos da oposición da dimisión de Ana Mato no Senado polas informacións que a relacionan co caso Gurtel, pero sen vinculala coa súa relación co seu ex-marido. Curiosamente no Telexornal Serán si que foi nos titulares as declaracións de Montoro, Ministro de Facenda, nas que aseguraba que hai actores que non pagan impostos en España, en resposta ás críticas verquidas durante a gala dos Premios Goya, unha información que na maioría de medios non deixou de ser valorada como un tema secundario.

http://www.crtvg.es/informativos/a-ministra-de-sanidade-di-que-non-dimite-porque-as-informacions-que-a-vinculan-coa-trama-guertell-son-infamias-534337

http://www.crtvg.es/informativos/o-xuiz-pablo-ruz-considera-que-jesus-sepulveda-recibiu-mais-de-medio-millon-de-euros-da-trama-guertel-534336