Un clásico na manipulación: as listas de espera

índie

Así se deu na TVG a información sobre as listas de espera nos hospitais públicos de Galicia o 29 de abril:

http://www.crtvg.es/informativos/a-espera-media-para-as-operacions-mais-graves-situase-nos-18-dias-576439

Non se menciona que son case 38.000 os galegos que agardan operarse e, aínda que se dan os datos por prioridades, non se especifica que no último ano medraron todos eles (moi graves (de 16 a 19 días de espera), graves (de 63 a 68) e menos graves). A media de espera pasou de 64 a 69 días (sen contar POVISA, de 82 a 83 co centro vigués). Tampouco se menciona.

A axencia Europa Press informaba, as 14:12, antes do comezo do informativo de que ” a espera media para operarse aumenta 5 días en os hospitais do Sergas no primeiro trimestre fronte a 2012″, uns datos que tampouco se incluiron na información da Galega, nin na edición da tarde.

http://www.medicinatv.com/noticias/amp-la-espera-media-para-operarse-aumenta-5-dias-en-hospitales-del-sergas-en-el-primer-trimestre-frente-a-2012-247248

http://www.elidealgallego.com/articulo/galicia/la-espera-media-para-operarse-en-el-sergas-aumenta-en-cinco-dias-en-un-ano/20130430001314125902.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/04/29/espera-media-operarse-patologias-graves-sube-197-dias/00031367235704105628210.htm

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/04/30/sanidade-atribuye-semana-santa-demora-operarse/801123.html

Ó día seguinte a mesma conselleira explicaba os datos, recoñecendo e xustificando os incrementos nos períodos de espera. Na TVG tampouco se recolleu esta información.

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/04/30/sanidade-atribuye-semana-santa-demora-operarse/801123.html

Mesmo “indicou que o número de cirugías é similar ao doutros anos nestes tres primeiros meses e que o incremento en cinco días da demora para unha intervención cirúrxica responde á lóxica.”

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1406171

O apoio aos das Preferentes en Pontevedra… non é importante

 

2013042913235378683

 

O 29 de abril prodúcese un feito sen precedentes: o Alcalde de Pontevedra convoca para o vindeiro 10 de maio unha gran manifestación para apoiar aos afectados polas Preferentes.

 

Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) decidíu face-la convocatoria polas reiteradas negativas dos responsables de Economía do goberno español a recibilo para abordar ese problema que afecta a milleiros de familias galegas.

 

O Partido socio de goberno do BNG en Pontevedra, o PS de G-PSOE, xa anunciou que tamén participará na concentración.

 

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/04/30/lores-llama-movilizacion-cancelar-ministerio-reunion-preferentes/800810.html

 

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/247711-lores-convoca-protesta-apoyo-afectados-preferentes

 

Os informativos da TVG, a pesar da trascendencia da decisión, feita polo Alcalde dunha das grandes cidades de Galicia, non informan absolutamente nada ao respecto…

“Feijóo é un narcopresidente”

índice

Beiras xustifica o seu xesto de “transgresión” no Parlamento para dicirlle a Feijóo: “Vostede non é ninguén, mamarracho”. Unha información que aparece na Axencia EFE as 19:27 o 29 de abril e que se reflictíu nos xornais dixitais.

http://www.abc.es/espana/20130430/abci-beiras-punetazo-reventon-201304292137.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/29/galicia/1367258177_964798.html

Despois de varios días presentando declaracións sobre a actidude de Beiras no Parlamento, do Goberno, do propio presidente da Xunta, e tamén da oposición, estas desclaracións do voceiro de AGE e principal actor da singular protesta non se recollen na Galega.

Nin houbo sobresoldos no PP… nin se fala deles

floriano--644x362

O luns 29 de abril, o xornal “El Pais” publica datos da contabilidade oficial do PP que o propio Partido lle enviou á audiencia nacional.

Son os xa coñecidos “sobresoldos”, como os cualificou o ex-xerente e ex-tesoureiro dos conservadores Luis Bárcenas, diante do fiscal anticorrupción, que se lle pagaban a altos cargos do PP para “completar” os seus soldos como deputados.

 

http://politica.elpais.com/politica/2013/04/28/actualidad/1367169322_659438.html

 

Ese mesmo día, en rolda de prensa, o vicesecretario xeral do PP Carlos Floriano, contesta que en Génova (a rúa madrileña onde ten a sede o PP) “no se cobran sobresueldos ni sobre nada” (sic).

 

http://www.lavanguardia.com/politica/20130429/54372970748/carlos-floriano-en-genova-no-se-cobra-sobresueldos-ni-sobre-nada.html

 

http://www.abc.es/videos-espana/20130429/floriano-genova-cobran-sobresueldos-2338158797001.html

 

http://ecodiario.eleconomista.es/interstitial/volver/acierto-abril/politica/noticias/4786599/04/13/El-PP-proclama-que-sus-dirigentes-no-cobran-ni-sobresueldos-ni-sobrenada.html

 

Os Telexornais da TVG non dan ningunha información… NIN SEQUERA AS CONTESTACIÓNS DE FLORIANO.

Será para que a xente esqueza canto antes un dos episodios máis vergoñentos na historia da democracia e do PP… “o caso Bárcenas” ???