Domingo, 31 de marzo de 2013. O xornal El País publica unha ampla información sobre a “estreita amizade” que mantivo
nos anos 90 o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, con Marcial Dorado, “entón capo do tabaco en Galicia e agora no cárcere por narcotráfico”. A información acompáñase con fotos onde aparecen xuntos os dous homes.
http://politica.elpais.com/politica/2013/03/30/actualidad/1364678135_744979.html
Ese mesmo día, no Telexornal ofrécese un único video onde se recollen as fotos publicadas por El País, as explicacións
do presidente Feijóo á Radio Galega e o comunicado do PP, sen ofrecer ningún dos detalles achegados polo xornal na súa
exclusiva. O video emítese ás 14:42 e ás 21:12, ben avanzados os Telexornais do día. Non se ofrecen reaccións dos distintos partidos políticos galegos.
http://www.crtvg.es/informativos/o-presidente-di-que-levaban-anos-ameazandoo-con-publicalas-558532
Luns, 1 de abril de 2013. O xornal La Razón publica que segundo un informe da UDEF (Unidade Central de Delincuencia
Económica e Fiscal) a obra do chalé do ex-ministro socialista Xosé Blanco “pagouna” o empresario José Antonio Orozco.
Esta información sí que merece un video con todo luxo de detalles nos dous Telexornais.
Martes, 2 de abril de 2013. O xornal ABC denuncia que o secretario xeral de CC.OO., Ignacio Fernández Toxo, avalou ante notario a creación dunha asociación para o cobro de ERE.
http://www.abc.es/espana/20130402/abci-toxo-notario-201304012228.html
De novo, a noticia aparece destacada, desta volta, no telexornal
serán.
Mércores, 3 de abril de 2013 La Voz de Galicia destaca que
Feijóo chegou a ofrecer en 2003 a súa demisión polas fotos con
Marcial Dorado.
Desta volta, unha información de semellante calibre exclusiva dun xornal NON aparece nos Telexornais. Ese día omítense as reaccións de AGE e do BNG sobre a evolución do caso.
Ese día tampouco se recolle outra nova destacada nun xornal de tirada nacional como El Mundo: o concello de Madrid costeou 203 clases de golf para Aznar e os seus familiares. Nin rastro dela nos Telexornais.
Debe estar conectado para enviar un comentario.