Economía; sobe e baixa

Así comezaba o informativo do mediodía no 9 abril 2013:

http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-14-25h-563806

“O ministro de Economía asegura que a recesión se freou no primeiro trimestre do ano.

Calcula que caeu entre medio punto e seis décimas… fronte ás oito décimas do último trimestre do ano pasado.

Segundo o ministro, os datos aínda son negativos pero están en consonancia co previsto polo Goberno…”

Así o reflictían as edicións dos diarios dixitais………..

http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/1800920/economia/la-economia-caera-cinco-o-seis-decimas-en-el-p#.UWQBdJh8cmE

http://www.abc.es/economia/20130409/abci-guindos-economia-trimestre-201304090955.html

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/09/economia/1365493516.html?a=6414fb8bb3ba3872e0d75972e105f25b&t=1365508548&numero

http://economia.elpais.com/economia/2013/04/09/actualidad/1365494892_611990.html

Fundación Galega contra o Narcotráfico pide explicacións a Feijóo

marcial2A Axencia EFE informa o día 8 de Abril de que a Fundación Galega contra o Narcotráfico emitíu un comunicado sobre as fotografías do Presidente da Xunta co narcotraficante Marcial Dorado. A Fundación reclama “oportunas explicacións para que non quede ningunha dúbida ó respecto”. Nos principais informativos da TVG non se fixo referencia a esta información.

 

http://www.laregion.es/noticia/249413/fundacion/contra/narcotrafico/reclama/explicaciones/feijoo/

http://www.europapress.es/galicia/noticia-fundacion-contra-narcotrafico-pide-amplias-detalladas-explicaciones-aclarar-fotos-feijoo-dorado-20130408113552.html

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/fundacion-narcotrafico-pide-amplias-detalladas-explicaciones-aclarar-fotos-feijoo-dorado/idEdicion-2013-04-08/idNoticia-800422/

En cambio o Telexornal Mediodía do día 9 de abril sí emitíu as declaracións de do Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, nas que afirmaba que non vía ningún feito punible nas fotografías.

http://www.crtvg.es/informativos/o-fiscal-superior-de-galicia-non-ve-ningun-feito-punible-nas-fotos-de-feijoo-e-dorado-563779

A historia do caso Bárcenas

papeles barcenas

A noticia do 31 de xaneiro sobre a publicación dos papeis de Bárcenas no xornal El Pais ocupou o terceiro lugar na apertura do informativo matinal Bos Días, cando estaba abrindo páxinas e informativos en toda España e mesmo no extranxeiro.

Así saiu a noticia en El País, o xornal que destapou o pago de sobresoldos a dirixentes do PP, entre eles ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e á secretaria xeral do partido, María Dolores de Cospedal.

http://politica.elpais.com/tag/caso_barcenas/a/

Así o recollían edicións dixitais de xornais como o ABC

http://www.abc.es/espana/20130131/abci-directo-barcenas-cospedal-201301311250.html

 

E así saiu nos informativos de TVG:

  • No matinal Bós Días por detrás dunha noticia da tarde anterior sobre o ladrón do Códice Calixtino e dunha previa sobre Iñaki Urdangarín.

http://www.crtvg.es/informativos/noticias-das-8-30h-520478

  •  No Telexornal Mediodía con dous desmentidos:

http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-14-25h-520667

 

barcenas2

O día 1 de febreiro, a noticia seguía sendo portada en tódolos medios españois, agás en Televisión de Galicia.

O principal informativo da canle autonómica, o Telexornal Mediodía, abría con dúas noticias sobre a xornada de Galicia na feira de turismo Fitur, e deixaba para o terceiro lugar o caso dos papeis e Bárcenas. A cuarta noticia dedícouse ó caso Pujol en Cataluña, e prácticamente se lle deu a mesma categoría que a de Bárcenas.

http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-14-25-h-521722

O Telexornal Serán abriu os seus titulares cos “24 días seguidos de chuvia en Galicia”, e seguiu con dous sucesos antes de informar sobre o caso Bárcenas.

http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-21-00h-522159

 

Así saiu noutros medios españois.

http://www.lavozdegalicia.es/2013/02/01/noche/index.htm

http://www.elmundo.es/elmundo/hemeroteca/2013/02/01/m/index.html

O día 5 de febreiro a noticia de que El Pais entregaba os papeis de Bárcenas á policía emitiuse como se na redacción do xornal houbera unha redada.

http://www.crtvg.es/informativos/a-policia-persoase-no-pais-e-levase-os-papeis-de-barcenas-523829

 

Era certo que o director de El País entregara os papeis á policía a petición do xuiz, pero voluntariamente, para colaborar coa investigación.

En canto a hipótese de que os papeis eran falsos, que citaba como única fonte ó Periodista Dixital, nunca foi confirmada e, de feito, apenas tivo más repercusión mediática ca de Periodista Dixital e TVG.

 

Unhas enquisas sí, outras non

Luns, 8 de abril. El País publica os datos da segunda entrega da enquisa da empresa Demoscopia na que, entre outras cuestións, se pregunta polas fotos do presidente da Xunta co nacotraficante Marcial Dorado. O 61% dos españois cre que as explicacións de Núñez Feijóo son insuficientes e o 47% di que o presidente galego debe dimitir. A enquisa non aparece nos principais Telexornais do día.

Luns, 11 de febreiro. El Mundo publica unha enquisa na que se pregunta sobre a imputación da infanta Cristina, o coñecemento da fraude dos ERE por parte do presidente da Xunta de Andalucía e sobre se o xerente do PSOE debe dimitir polo caso Amy Martin.
Esta enquisa si aparece no Telexornal Mediodía.
Domingo, 10 de febreiro: La Voz de Galicia publica unha enquisa de Sondaxe da que os Telexornais se fan eco no referente á intención de voto e á valoración de líderes. En cambio, omítese o dato de que o 49% dos españois pensa que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, debe dimitir polo caso Bárcenas.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2013/02/10/mayoria-consideran-falta-dimisiones-barcenas/0003_201302G10P5991.htm