Ésta é a única nova que non se destaca na web

Tódolos xornais dan o día 16 a noticia de que o xuiz Bermudez abre unha causa por branqueo de capitais contra Marcial Dorado, o narcotraficante galego que aparece nas fotos co presidente da Xunta, Núñez Feijóo, publicadas dias pasados.

http://politica.elpais.com/politica/2013/04/16/actualidad/1366114239_974234.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/04/16/gomez-bermudez-abre-juicio-oral-contra-marcial-dorado-blanqueo-capitales/00031366115108099495726.htm

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/04/16/bermudez-abre-diligencias-dorado-delitos-blanqueo/792466.html

Television de Galicia da unha noticia breve no Telexornal Serán sen mencionar a relación de Marcial Dorado con Feijóo. Para ver esta información hai que ver outra anterior de Oriol Pujol. É a unica da web que non ten titular propio.

http://www.crtvg.es/informativos/oriol-pujol-imputado-na-trama-das-itv-declara-no-tribunal-superior-de-xustiza-de-cataluna-568616

  

 

 

“Aborto, non” ou cómo adoutrinar desde a televisión pública (prégase a máxima difusión)

O 16 de abril nos informativos da TVG emitíuse un vídeo no que se daba conta dun xuízo contra un medico, que ten una clínica onde practica abortos, por 7  delitos de asasinato, por matar a naipelos e unha muller por sobredose de medicamentos.http://www.crtvg.es/informativos/xulgan-nos-estados-unidos-a-un-medico-por-asasinar-bebes-sobrevivintes-dos-abortos-a-termino-que-practicaba-568614

A información, que se emitiu no Telexornal a proposta dun redactor xefe que adoita buscar novas en páxinas e portais dixitais de carácter ultraconservador e ultracatólico,  é completamente parcial e demoniza a práctica do aborto, non só neste caso senón en xeral, empregando calificativos e imaxes que poden ferir a sensibilidade do espectador e sen antes avisar do contido explícito da información. Ademáis non se dan datos sobre os prazos legais nos que é lexítimo abortar neste caso concreto. O que se consegue é unha total confusión entre aborto e crime. Tamén se critica que os medios norteamericanos non se fixeran eco desta nova, silenciando este caso da que chaman “casa do terror”.

Evidentemente si o doutor Gosnell é culpable destes crimes debe ser xulgado e condenado, pero a sensación que queda despois de visionar este video é que o aborto é o mesmo que o asesinat, xogando a confundir a audiencia.

A fonte de referencia para esta noticia é Libertad Digital ou Forum Libertas, un portal ultraconservador, únicos sitios en España onde se reflicte esta nova.

Non hai máis que leer o artigo e ver a información emitida na Galega para establecer a relacción.

Non existe ningunha referencia nas axencias de noticias no día 16, nin nacionais nin internacionais.

Sí existe un documental colgado na rede que ó parecer é de onde se baixaron as imaxes para elaborar a noticia.

A información, a máis longa do Telexornal dese día (1 minuto e 35 segundos) emítese o día despois das declaracións de Rouco Varela sobre o aborto. O presidente da Conferencia Episcopal reprochóulle ao Goberno de Rajoy a súa falta de dilixencia á hora de aprobar unha lei do aborto máis restritiva.
O mesmo día, na audiencia do papa Francisco ao presidente do Goberno, o xefe da igrexa católica quixo deixarlle claro a Rajoy cales eran os puntos de fricción entre o Vaticano e España.
Desde este blog queremos denunciar o uso que se fai da televisión pública para adoutrinar en asuntos tan delicados como o aborto.